Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE ASUMIRÁ AS COMPETENCIAS DE MARIÁN FERREIRO DURANTE A BAIXA DA EDIL POR MATERNIDADE
José Manuel Blanco farase cargo das concellerías de Cultura e Relacións Institucionais e o edil Guillermo Sánchez Fojo asumirá temporalmente a portavocía do grupo municipal de Terra Galega
Narón, 8 de maio de 2017. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asumirá temporalmente a Concellería de Cultura e a delegación de Relacións Institucionais. O rexedor local farase cargo das citadas áreas durante a baixa por maternidade da edil Marián Ferreiro tralo nacemento o pasado sábado, día 6, do seu segundo fillo, Antón Ferreiro Fernández, irmán de Xulia. A previsión é que Marián Ferreiro se incorpore de novo aos seus cargos, aos que se suma a vicepresidencia do Padroado da Cultura, o vindeiro mes de setembro, unha vez finalice o período de baixa por maternidade. A edil naronesa, tamén portavoz de Terra Galega, é concelleira en Narón desde as pasadas eleccións de 2015, cando ocupou o posto número 2 das listas de TEGA na localidade. A portavocía do grupo municipal de Terra Galega no Concello de Narón ostentaráa neste mesmo período o concelleiro de Protección Civil, Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal