Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA MUNICIPAL CONCILIAESCOLA VERÁN
O programa diríxese a cen nenos e nenas de Narón de entre 4 e 12 anos e desenvolverase en cinco quendas, entre os meses de xuño e xullo no CRA de Domirón
Narón, 8 de maio de 2017. Un total de cen nenos e nenas de Narón con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos son os destinatarios do programa ConciliaEscola Verán. Así o recordou a edil de Promoción Social, Teresa Sabio, que anunciou que o prazo de inscrición permanecerá aberto desde mañá ata o vindeiro 16 de maio. En total desenvolveranse cinco quendas nas instalacións do CRA de Domirón, entre o 26 de xuño e o 31 de xullo. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse nunha das quendas dispoñibles: do 26 ao 30 de xuño; do 3 ao 7 de xullo; do 10 ao 14 de xullo; do 17 ao 21 de xullo e, por último, do 24 ao 31 de xullo. Concederase unha quenda por participante, salvo que existan vacantes noutras, tal e como indicou a edil, que incidiu en que as prazas se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Os participantes, un máximo de 20 persoas por cada quenda, deberán pagar unha taxa de 8,15 euros e disporán de servizo de bus, con transporte só de volta para o horario de 7.30 a 14.00 e de ida e volta para o de 9.00 a 14.00. As paradas a realizar anunciaranse nunha xuntanza previa ao inicio da actividade pero desde o Concello xa se avanzou que este servizo poderá suspenderse se non hai un mínimo de dez usuarios. Os nenos e nenas participarán en actividades artísticas e en inglés, e noutras relacionadas coa educación para a igualdade, convivencia, saúde e tempo libre mediante o xogo, entre outras. As persoas interesadas en inscribirse deben facelo a través do Rexistro Municipal, cubrindo unha instancia que poderán recoller alí ou descargar da páxina web do Concello –www.naron.es- a partir de mañá. O horario de apertura do Rexistro de entrada é de 8.30 a 13.30 horas, de luns a venres. Para obter máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1113 e 1115). Sabio animou á veciñanza a participar no programa ConciliaEscola Verán, que ten entre as súas finalidades “facilitar a conciliación da vida laboral e familiar daqueles núcleos familiares nos que traballan os pais e nais dos menores, ou os seus titores, salvo no caso das familias monoparentais”.
Descarga de archivos
Programa ConciliaEscola Verán
Tamaño:768,85 KB
Anexo II ConciliaEscola Verán
Tamaño:141,96 KB
Instancia de solicitude
Tamaño:423,99 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal