Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGADOS OS PREMIOS DO "II CONCURSO DE RELATOS CURTOS" ORGANIZADO POLO CONCELLO E A ONG ACCIÓN FAMILIAR
O acto pechou o programa deseñado desde o goberno local e a citada ONG para conmemorar o Día Internacional do Pobo Xitano
Narón, 9 de maio de 2017. A concelleira de Acción Social, Catalina García, asistiu ao acto de entrega de premios do “II Concurso de relatos curtos” organizado polo Concello e o programa de minorías étnicas da ONG Acción Familiar (AFA) Ferrol, e no que colaborou a xoguetería Din&Don. A proposta, baixo o título “Cóntanos o teu conto do pobo xitano”, enmárcase nos actos deseñados para conmemorar o Día Internacional do Pobo Xitano, que tivo lugar o pasado 8 de abril. Os gañadores do certame, que se dirixía a rapaces e rapazas de quinto e sexto de Primaria de centros de ensino de Narón, foron: Marcos Rodríguez Fernández, do CEIP A Solaina, que gañou unha consola PSP polo relato “Amistad sin fronteras”; Tania Vilela Peñas, do CPI do Feal, que obtivo unha maqueta construíble por “O neno que quere ser xitano”, e Clara Fernández Menéndez, do CEIP A Gándara, que gañou unha mochila polo traballo, “Nueva en el cole”. Do total dos nove colexios nos que se deu a coñecer este concurso participaron tres –os anteriormente citados-, presentando un total de vinte e oito relatos. A entrega de premios tivo lugar na xoguetería Din&Don, en Narón, e ao acto acudiron tamén a presidenta e a secretaria de AFA Ferrol, María del Mar Used e Concepción Rubio, respectivamente; a xerente da xoguetería Din&Don, e outras representantes da citada ONG. García agradeceu a participación das nenas e nenos que presentaron os seus relatos a este certame e felicitounos pola súa implicación, así como aos tres gañadores desta edición. A edil naronesa incidiu en que “entre os obxectivos deste concurso está o de inculcar entre os menores as diferentes formas de vida das persoas atendendo ás súas propias culturas”, e subliñou “a importancia do respecto á diversidade das mesmas”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal