Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS MOSTRAS DE FIN DE CURSO DA ESCOLA DE TEATRO DE NARÓN COMEZAN COA REPRESENTACIÓN DA OBRA "O MUNDO DE ALICIA"
O Auditorio municipal acollerá un total de nove representacións ata o vindeiro 31 de maio, todas elas con entrada de balde
Narón, 15 de maio de 2017. O Padroado da Cultura iniciará o 16 de maio o calendario de Mostras de Fin de Curso na Escola de Teatro de Narón. O Auditorio municipal acollerá, ás 20.30 horas, a representación da obra “O mundo de Alicia”, a cargo de alumnado de segundo curso da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón. A de mañá será a primeira das nove mostras escénicas programadas ata o vindeiro 31 de maio a cargo de alumnado da Escola Municipal de Formación de Actrices e Actores e dos Obradoiros Municipais de Teatro do Padroado da Cultura de Narón. A entrada a todas estas representacións é de balde. “O mundo de Alicia” é unha obra con escenas dos textos “A función do tequila”, de Manuel Guede; “Pequenos actos pseudorrevolucionarios”, de Santiago Cortegoso, e “Alicia & Alicia”, de Paula Carballeira. O equipo actoral estará dirixido por Silvia Casal, encargada tamén de realizar a escolma dos citados textos. Esta iniciativa, que se leva a cabo cada ano coincidindo co final do curso das Escolas de Teatro do Padroado da Cultura, convócase para amosar ao público naronés unha parte do traballo realizado polo alumnado e o profesorado das mesmas, iniciado o pasado mes de outubro. No último curso contabilizáronse unhas duascentas alumnas e alumnos nestas áreas de formación, tal e como se indicou desde o Padroado da Cultura de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal