Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR AO ESPECTÁCULO "PERCUBEBÉ"
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR AO ESPECTÁCULO
A iniciativa, impulsada a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello a través do programa Apego, diríxese a nenos e nenas de 0 a 4 anos
Narón, 17 de maio de 2017. O espectáculo “Percubebé” chegará o vindeiro 31 de maio a Narón. O local social do Alto do Castiñeiro acollerá esta iniciativa, enmarcada no proxecto Apego, e para a que é precisa inscrición previa, que se poderá formalizar a partir do xoves, día 18 no Servizo de Normalización Lingüística do Concello, a través do correo electrónico: n.bacelo@naron.es ou do número de teléfono 981 337 700 (extensión 1516). A actividade, impulsada na localidade pola Concellería de Ensino e Bibliotecas a través do citado Servizo, diríxese a nenas e nenos de 0 a 4 anos.
A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, explicou que se desenvolverán dúas sesións, unha que comezará ás 18.15 horas e outra ás 19.15, ambas dirixidas a un aforo máximo de trinta menores. Terán prioridade á hora de inscribirse as familias que forman parte do proxecto Apego, tal e como apuntou a edil.
“Percubebé” é un espectáculo musical no que as nenas e os nenos se relacionan coa música tradicional e os instrumentos propios da cultura galega, experimentando así cos diferentes sons. A cita inclúe ademais unha serie de exercicios e xogos de movemento cos que traballar a coordinación e os reflexos dos menores mediante cantos e danza.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2017 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal