Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A ONG SOLIDARIDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI REIBIRU 742 EUROS POLA RECADACIÓN DO PARTIDO SOLIDARIO ORGANIZADO POLO CONCELLO
A ONG SOLIDARIDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI REIBIRU 742 EUROS POLA RECADACIÓN DO PARTIDO SOLIDARIO ORGANIZADO POLO CONCELLO
O portavoz de Terra Galega, Guillermo Sánchez Fojo, entregou o cheque co importe das doazóns polos bonos de entrada ao partido solidario, celebrado a finais do pasado mes de abril no campo do Cadaval
Narón, 18 de maio de 2017. A delegada en Ferrolterra da ONG Solidaridade Galega co Pobo Saharaui (Sogaps), Maite Martínez, recolleu esta mañá no Concello o cheque simbólico coa recadación do partido solidario co pobo saharaui celebrado o pasado 30 de abril no campo do Cadaval, en Narón. Os donativos para a entrada do evento -632 euros- e as aportacións da “Fila 0” -110 euros- habilitada nunha entidade bancaria reportaron un total de 742 euros, cantidade que recibirá a citada ONG. O portavoz de Terra Galega, Guillermo Sánchez Fojo, entregou o cheque a Maite Martínez –co importe dos donativos das entradas, se ben o resto está xa na citada conta bancaria- nun acto ao que tamén asistiron os portavoces do PSOE, Catalina García, do BNG, Pablo Villamar e de EU, André Abeledo.
Representantes da corporación local de Narón, edís e alcaldes de Ferrol e San Sadurniño e representantes sindicais da comarca integraron o equipo que xogou contra o formado por residentes saharauis na comarca, impoñéndose este último na tanda de penaltis. Os xogadores, según o seu equipo vestían camisetas de cor verde (os concelleiros e alcaldes) ou branca (os residentes saharauis) co lema: “Solidaridade co Pobo Saharaui”.
A ONG Solidaridade Galega co Pobo Saharaui financia unha gran variedade de proxectos humanitarios para axudar aos saharauis. Entre eles está o programa “Vacaciones en Paz”, a través do que cada ano chegan a varios concellos da comarca, entre eles Narón, menores que residen nos campamentos de refuxiados saharauis de Tinduf, en Arxelia.
A representante da ONG, Maite Martínez, agradeceu a colaboración prestada polo Concello de Narón coas iniciativas impulsadas desde a Sogaps a favor do pobo saharaui. Pola súa parte, desde a corporación local de Narón agradeceuse a implicación das persoas que xogaron o partido e tamén de todas aquelas que non puideron facelo pero que respaldaron a iniciativa, animando aos equipos e realizando os donativos destinados á ONG, da que destacaron o seu importante traballo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2017 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal