Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DA ESCOLA DE TEATRO DE NARÓN PARTICIPA ESTA SEMANA NAS MOSTRAS DE FIN DE CURSO
O Auditorio municipal e a Fundación Terra de Trasancos, no Val acollerán as representacións das once obras programadas para esta semana desde o Padroado da Cultura de Narón
Narón, 22 maio de 2017. Alumnado da Escola de Teatro do Padroado da Cultura de Narón representará esta semana once obras –en cinco días- con motivo das Mostras de Fin de Curso 2016-2017. O calendario da posta en escena dos traballos do alumnado iniciouse o pasado martes, día 16, e continuará o vindeiro mércores, día 24, coa posta en escena da obra “Con secuencias”, a cargo de alumnado de primeiro curso da Escola de Actrices e Actores de Narón. Maite da Costa é a autora do texto e a encargada de dirixir ao elenco durante a representación, que dará comezo ás 20.30 horas no Auditorio municipal. A entrada a todos estes espectáculos é de balde. O xoves día 25 será o turno dos integrantes do Obradoiro de Teatro de Persoas Adultas das Vivendas da Mariña, que representarán “A fiestra valdeira”, de Rafael Dieste, tamén no Auditorio ás 20.30 e dirixidos neste caso por Montse Piñón. O venres 26 de maio terán lugar dúas mostras durante a tarde, a primeira delas nas instalacións da Fundación Terra de Trasancos, no Val, a cargo do Obradoiro de Persoas Adultas da Fundación, que se subirá ao escenario ás 17.30 horas para representar a obra “Perruquería Edy”. Ás 20.30 horas, terá lugar a segunda representación, neste caso no Auditorio e a cargo do alumnado de dous Obradoiros de Teatro Xuvenil, que porán en escena “Suspéndese a Función” e “Contos de antes e historias de agora”. En ambos casos as obras están adaptadas e dirixidas por Silvia Casal. As representacións das Mostras de Fin de Curso na Escola de Teatro de Narón continuarán o sábado 27 de maio ás 20.30 no Auditorio con “Xuro que hai que ler máis poesía”, con alumnado do Obradoiro de Teatro de Persoas Adultas de Piñeiros, dirixido por Maite da Costa, e o domingo 28 ás 17.00 horas no Auditorio, e seguirá con: “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”, “A formiga esquiadora”, “A galiña azul”, “O polbo xigante”, “O can Rin e o lobo Crispín” e “As estacións”. Os encargados de subirse ao escenario serán os alumnos e as alumnas dos Obradoiros de Teatro Infantil de Pedroso, A Solaina, A Gándara e O Alto. Montse Piñón, Maite da Costa e Silvia Casal encargáronse da adaptación e dirección de todas as obras excepto de: “As estacións”, que corre a cargo de Montse Piñón. A vindeira semana rematará o calendario das Mostras de Fin de curso programadas este ano desde o Padroado da Cultura de Narón. O luns 29 de maio o Auditorio municipal acollerá a representación, a partir das 20.00 horas, de “Galiza en festa”, de Eduardo Blanco Amor, e de “Perruquería Edy”. Pepablo Patinho e Silvia Casal adaptaron os textos e dirixirán ao elenco de actores, neste caso formado por alumnado dos Obradoiros de Teatro de Persoas Adultas de Sedes e da Fundación Terra de Trasancos, do Val. A última das actuacións será o mércores 31 de maio no Auditorio. Ás 20.30 horas dará comezo a obra “Realmente Chejov” (con escenas de “A voda”, e “Sobre os males que provoca o tabaco”, de Antón Chejov). Esta mostra final correrá a cargo de alumnado de Interpretación de terceiro curso da Escola de Actrices e Actores e José Prieto será o encargado de dirixilo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal