Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
MÁIS DE 400 ESCOLARES INSCRIBÍRONSE NO "XI ENCONTRO ESCOLAR DE XOGOS TRADICIONAIS"
MÁIS DE 400 ESCOLARES INSCRIBÍRONSE NO
A cita, organizada polo Padroado da Cultura de Narón e a asociación Brinquedia, terá lugar o 27 de maio no CPI do Feal e está aberta á participación do público en xeral
Narón, 24 de maio de 2017. O “XI Encontro escolar de xogos tradicionais”, organizado polo Padroado da Cultura de Narón e pola asociación Brinquedia (Rede Galega do Xogo Tradicional) reunirá este sábado, día 27, en Narón, a algo máis de 400 estudantes. Esta é a cifra de inscritos neste evento, aínda que, tal e como se recalcou desde a organización, as portas do recinto estarán abertas para que poidan participar outros rapaces e rapazas que non se inscribiron previamente. A convocatoria desenvolverase nas instalacións do CPI do Feal, entre as 11.00 e as 18.00 horas, cun descanso sobre as 14.00 horas para xantar, retomándose as actividades a partir das 15.30, tal e como estaba previsto.
O alumnado que se inscribiu nesta convocatoria é maioritariamente de centros de ensino de Narón, aínda que tamén participarán activamente na mesma rapaces e rapazas de colexios de Ferrol, da Capela, de San Sadurniño e de Rábade (Lugo). Ao longo da mañá, tal e como se recordou, terán lugar os xogos concebidos para o público infantil, e pola tarde están dirixidos ao ámbito familiar.
Os rapaces e rapazas que este sábado se acheguen ata o recinto do CPI do Feal terán a oportunidade de participar desde as 11.00 horas en xogos tradicionais, como as carreiras de sacos, o tiro de corda, a ra, o brilé, as carrilanas ou o pano, entre outras propostas, como os tres pés, o aro, xogos musicais, a porca, a goma, a zoadeira ou o peón… e así ata completar un programa cunha trintena de propostas.
Pola tarde, a partir das 15.30, terá lugar un espectáculo teatral dirixido ao público familiar e infantil, Paporrubio, a cargo da compañía do mesmo nome. Unha vez que remate esta obra darán comezo as exhibicións de xogos, con: billarda, loita galega, cocha, chaves, lanzamento de goxo e birlos celtas. Además, haberá a posibilidade de participar en obradoiros de construción de enredos, nos que os rapaces e rapazas poderán facer os seus propios xoguetes.
O “XI Encontro escolar de xogos tradicionais” rematará ás 18.00 horas, coa entrega de agasallos aos nenos e nenas que se inscribiron previamente neste evento, co que se aposta por contribuír á difusión do patrimonio lúdico galego e recuperar a práctica dos xogos tradicionais.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal