Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTADO NO CONCELLO O ESTUDO "DIAGNÓSTICO SOCIOECONÓMICO COMPARADO DE FERROL E A SÚA ÁREA DE INFLUENCIA"
A Asociación de Empresarios de Ferrolterra (AEF) encargou o documento, presentado ao alcalde, José Manuel Blanco, e aos edís de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, e Promoción Económica, Pablo Villamar
Narón, 29 de maio de 2017. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e os edís de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, e de Promoción Económica, Pablo Villamar, asistiron esta mañá á presentación do estudo “"Diagnóstico socioeconómico comparado de Ferrol e a súa área de influencia"”, encargado ao profesor da UDC Jesús Ángel Dopico desde a Asociación de Empresarios de Ferrolterra (AEF). Á convocatoria, que tivo lugar ás 12.00 horas no Concello de Narón, acudiu tamén o presidente da AEF, José Ramón Franco, e persoal técnico. Na xuntanza déronse a coñecer os datos recabados neste estudo, con información básica de partida da área de influencia de Ferrol, as comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. En total analizouse información de 20 concellos, abarcando unha poboación de 196.203 habitantes e cun total de 11.030 empresas. Indicadores de poboación, do PIB, relacionadas con servizos e infraestruturas, como o Porto Exterior ou os polígonos industriais, forman parte deste laborioso traballo. Entre os obxectivos do mesmo está “realizar un análisis sintético pero completo de datos agregados o máis actualizados posibles” e contar cunha base cuantitativa para análisis posteriores, así como contribuír a determinar un plan estratéxico para a área analizada. No estudo realízanse comparativas da comarca con outros concellos de Galicia e de España e preséntanse unhas conclusións finais nas que se aborda a situación da zona, destacándose o declive demográfico e a situación xeral do sector empresarial da comarca, entre outros puntos. O alcalde naronés ofreceu a colaboración do Concello naronés para continuar avanzando neste tipo de iniciativas, encamiñadas a coñecer de primeira man a situación real dos municipios da comarca, para así poder analizar a situación dos mesmos e contribuír na medida das posibilidades da administración local á mellora de problemas detectados na zona.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal