Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS E O BORRADOR DO NOVO PXOM ABORDÁRONSE NA REUNIÓN DO CONSELLO XERAL DE PARTICIPACIÓN
O alcalde accidental, Guillermo Sánchez Fojo, presidiu a sesión, á que acudiron representantes da corporación local e tamén dos Consellos Territoriais e do de Igualdade e das zonas urbana e rural do municipio
Narón, 31 de maio de 2017. O Concello de Narón acolleu esta tarde o Consello Xeral de Participación. Á cita, presidida polo alcalde accidental, Guillermo Sánchez Fojo, acudiron a edil de Participación Cidadá e vicepresidenta do Consello, Catalina García, e representantes dos grupos políticos da corporación local, entre eles os concelleiros de Urbanismo, Manuel Ramos e Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar. Así mesmo, estaban convidados seis representantes da zona urbana, tres da rural, integrantes dos Consellos Territoriais –a súa composición aprobouse no pleno deste mes, a semana pasada-, e un do Consello Sectorial de Igualdade. Na convocatoria, que tivo lugar no segundo andar do Concello, o edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, informou aos asistentes sobre o orzamento municipal deste ano, que ascende a 29,9 millóns de euros. O concelleiro naronés explicou o estado no que se atopa o procedemento que levará á entrada en vigor do documento contable e tamén dos principais investimentos proxectados para este ano. Sobre estes últimos, destacou o feito de que se trata de actuacións comprometidas coa veciñanza da cidade, como melloras en parques e xardíns, a construción de pistas multideporte e de parques caninos, un almacén para o Centro Municipal de Formación Irmáns Froilaz, na Gándara e pavimentacións de viais na zona urbana e rural, entre outras. Villamar recordou tamén na súa intervención que o retraso na aprobación dos orzamentos tanto da Xunta como do Estado influíu na demora dos trámites para proceder a pechar o documento contable da cidade, ao recollerse neste último partidas procedentes de ambas administracións supramunicipais para diferentes áreas. Así mesmo, un integrante da empresa que se encargou da redacción do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello, explicou aos asistentes ao Consello Xeral de Participación, xunto co edil de Urbanismo, Manuel Ramos, as liñas básicas deste documento e o cronograma da súa revisión. O edil naronés apuntou que a finais do pasado mes de abril se entregou á Xunta o borrador do PXOM e a Consellería de Medio Ambiente ten un mes para emitir os informes pertinentes. Unha vez resolva, Medio Ambiente colgará na súa páxina web o documento para que se poida consultar e durante dous meses poderán presentarse alegacións medioambientais e doutros concellos limítrofes. Desde o goberno local anunciouse que persoal do equipo redactor estará dous días á semana no Concello para informar á veciñanza sobre posibles dúbidas no documento antes de que a administración autonómica emita o documento de alcance, que indica por donde vai o estudo ambiental, tal e como explicou o técnico da empresa redactora. O Concello terá entón un prazo dun ano para sometelo a aprobación inicial, aínda que a previsión é, tal e como avanzou Ramos, presentalo antes de que remate este mesmo ano.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal