Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E O GRUPO DE AMIGOS "GANDUXANDO VIDAS" HOMENAXEARÁN AO PÁRROCO XAQUÍN CAMPO CON MOTIVO DO SEU 80 ANIVERSARIO
Os actos programados desenvolveranse o 10 de xuño nas inmediacións da Residencia San José, en Piñeiros, e no Auditorio municipal
Narón, 8 de xuño de 2017. As inmediacións da Residencia San José, en Piñeiros, e o Auditorio municipal, acollerán o vindeiro sábado, día 10, os actos organizados polo grupo de amigos “Ganduxando Vidas”, en colaboración co Concello de Narón, para homenaxear ao párroco Xaquín Campo Freire con motivo do seu 80 aniversario. O alcalde accidental, Guillermo Sánchez Fojo, asistirá á convocatoria, que dará comezo ás 17.00 horas nas inmediacións da Residencia San José, donde se descubrirá unha placa nun monolito alí ubicado, ao tempo que actúa un quinteto da Banda de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón. Ás 18.00 horas continuarán os actos no Auditorio municipal, donde será de novo o quinteto da Banda de Gaitas do Padroado o que reciba aos asistentes á entrada, interpretando o “Himno do antigo Reino de Galicia”. Unha vez alí sucederanse as intervencións de varios amigos do cura homenaxeado e actuacións musicais a cargo de: Mini, Paulo López, Xoán Rubia, Xico de Cariño, Manuel Doval e a Rondalla de Mandiá. Tamén se presentará no Auditorio o libro “Ganduxando Vidas”, no que se inclúe unha entrevista a Xaquín Campo Freire e no que colaboraron a modo de testemuños preto dun cento de persoas coñecidas por el. Xaquín Campo Freire (Lugo, 1937) naceu en Guitiriz pero reside en Narón desde o ano 1968. Veciño de Santa Icía, o párroco licenciouse en Estudos Eclesiasticos, diplomouse en Enfermería Xeriátrica e Xerontoloxía Social e conta cun amplo currículo tanto académico como laboral. Traballou como enfermeiro en Lugo e Fene, como sacerdote en Ferrol, Ortigueira, Piñeiros, O Couto, Mandiá, San Mateo e noutras parroquias, e é voluntario de Cáritas e capelán no cárcere de Teixeiro. Campo Freire escribiu tres libros e tamén numerosos artigos relacionados con diferentes temas, sendo ademais un férreo defensor da lingua galega. As persoas que acudan á homenaxe deste sábado terán a oportunidade de adquirir no Auditorio municipal o libro “Ganduxando Vidas”, tal e como indicaron desde o grupo de amigos que organizou a convocatoria.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal