Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A PARROQUIA DO VAL ACOLLERÁ MAÑÁ OS ACTOS QUE PECHARÁN O PROGRAMA DA RECREACIÓN DAS LENDAS DA PENA MOLEXA
A PARROQUIA DO VAL ACOLLERÁ MAÑÁ OS ACTOS QUE PECHARÁN O PROGRAMA DA RECREACIÓN DAS LENDAS DA PENA MOLEXA
O Padroado da Cultura de Narón e a Asociación de Veciños "Os Irmandiños", do Val, organizaron unha gran variedade de actividades que culminarán mañá coa recreación da Lenda da Fada da Pena Molexa, a cargo de alumnado da Escola de Teatro de Narón
Narón, 16 de xuño de 2017. Os actos centrais do programa da recreación das Lendas da Pena Molexa, deseñado polo Padroado da Cultura e a AVV “Os Irmandiños”, do Val, terán lugar mañá día 17 no lugar de Vilasuso, na citada parroquia naronesa. As actividades comezaron a desenvolverse o pasado 2 de xuño, cunha charla sobre “O patrimonio do Val”, e continuaron os días 3 e 9 deste mes cun roteiro cicloturista polo Val e unha Andaina solsticial, respectivamente. Mañá ás 00.00 horas terá lugar a recreación das Lendas da Pena Molexa, nas inmediacións do Castro de Vilasuso e a Pena Molexa. Alumnado da Escola de Teatro de Narón participará activamente nesta actividade e será o encargado de representar a obra de teatro na que se explica a Lenda da Fada da Pena Molexa, que unha noite de verán se convertiu en rocha, na Pena Molexa.
Horas antes de que se represente a obra sucederanse diversas actividades. Ás 18.00 horas os asistentes poderán gozar dunha xornada de xogos populares e tamén do deporte rural, para a partir das 20.00 horas realizar unha parada para repoñer forzas nunha churrascada popular. A festividade terá tamén un marcado carácter musical, e ás 22.00 horas actuará o grupo de música folc Tiruleque.
Unha vez que remate a representación da Lenda da Fada da Pena Molexa, sobre as 00.30 horas, darán comezo unha lumeirada e repichoca popular, coa que este ano, ao igual que en anteriores edicións, se porá fin á programación deste evento festivo, un dos máis recoñecidos do municipio. A convocatoria reúne cada ano a centos de persoas que participan nas actividades e gozan da música e dunha xornada de convivencia, así como das actividades organizadas para coñecer de primeira man boa parte do patrimonio cultural e etnográfico da cidade.
Desde o Padroado da Cultura de Narón e a AVV “Os Irmandiños” do Val convidan á veciñanza de Narón e comarca a gozar mañá dos últimos actos programados para esta nova edición da recreación das Lendas da Pena Molexa.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2017 >>>

LMMXVSD
 
2
3
4
5
6
7
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal