Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MINUTO DE SILENCIO ANTE O CONCELLO EN RECORDO DAS VÍTIMAS DO INCENDIO FORESTAL REXISTRADO EN PORTUGAL E COMO MOSTRA DE SOLIDARIEDADE CO PAÍS LUSO
Edís da corporación local e persoal funcionario e interino do Concello concentráronse este mediodía ante as portas do Consistorio
Narón, 19 de xuño de 2017. Representantes da corporación local de Narón, persoal funcionario e interino concentráronse este mediodía, ás 12.00 horas, ás portas do Concello de Narón para gardar un minuto de silencio en recordo das vítimas do incendio forestal rexistrado o pasado sábado en Pedrógão Grande, Portugal, e como mostra de solidariedade coas súas familias en particular e co país luso en xeral, polos devastadores efectos desta traxedia. Alomenos 62 persoas faleceron e outras tantas resultaron feridas –según os últimos datos- debido ao incesante lume, que arrasou xa varias localidades do centro do país luso e que aínda hoxe continúa activo. Centos de bombeiros traballan desde o sábado nas complicadas tarefas de extinción. O impacto dun raio nunha árbore é a orixe máis probable deste incendio, según as primeiras investigacións. A ola de calor e o vento complicaron as tarefas de control do lume.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal