Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A OFICINA DE TURISMO DE FREIXEIRO PERMANECERÁ ABERTA ATA MEDIADOS DE OUTUBRO
A persoa que está á fronte da Oficina de Turismo disporá nos vindeiros días dun chat a mediante o que se poderán realizar a través de internet consultas sobre o sector
Narón, 21 de xuño de 2017. A Oficina de Turismo de Narón permanece aberta desde onte e estará operativa durante os vindeiros catro meses, tal e como indicou a concelleira responsable da área, Natalia Hermida. “O Concello solicitou unha subvención á Deputación da Coruña para a atención, por parte de persoal cualificado, da Oficina de Turismo, e concederon a totalidade do gasto, por un importe de 11.532,97 euros”, apuntou a edil naronesa. As instalacións, localizadas nas inmediacións da rotonda de Freixeiro, permanecerán pechadas ao público os luns. A concelleira amosouse moi satisfeita das xestións realizadas desde o Concello tanto na solicitude da subvención á Deputación con este resultado como o feito da recente participación na feira Expocidades coa Mancomunidade (levando información do Xeodestino e compartindo gastos). “Deste xeito, temos máis e mellores servizos con moito menor coste para o Concello”, recalcou Natalia Hermida. Nas xornadas dos martes aos sábados a Oficina de Turismo abrirá en horario de 10.00 a 14.00 e desde as 18.00 ata as 21.00 horas, e os domingos en horario de mañá, de 11.00 a 13.30 horas. Os días festivos as instalacións permanecerán tamén operativas nos citados horarios, excepto no caso de que a festividade coincida un luns, día de peche. Unha técnico de Turismo contratada a través da bolsa de emprego do Concello é a persoa encargada de atender ás persoas que, desde onte e ata mediados de outubro se acheguen á citada oficina. Alí ofrecerá, tal e como indicou Hermida, “información turística sobre a nosa cidade pero tamén doutros concellos da comarca, co fin de dar a coñecer os potenciais da zona a cantas persoas soliciten datos ao respecto”. A concelleira naronesa recordou tamén que o Concello dispón dunha páxina web específica sobre Turismo -http://turismo.naron.es/- que nun par de días disporá dun chat para realizar consultas a través de internet coa persoa que atende a Oficina. Así mesmo, o Concello dispón dun Punto de Información Turística, na entrada principal, no que se ofrece información actualizada sobre o sector. As persoas interesadas en contactar coa Oficina de Turismo de Narón poderán facelo chamando ao número de teléfono 981 337 700 (ext. 2301).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal