Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA COA AVV ALTEA A "XVI ALTEADA" QUE SE CELEBRARÁ O 9 DE XULLO EN XUVIA
A Confraría de Pescadores de Barallobre colabora este ano no evento, subministrando a ameixa rubia que se cociñará para un dos platos do menú desta festa gastronómica
Narón, 26 de xuño de 2017. O paseo marítimo de Xuvia acollerá o vindeiro 9 de xullo a celebración da décimo sexta edición da Alteada, a tradicional festa de exaltación do marisco na que este ano cobrará protagonismo a ameixa rubia da ría. Os edís de Festas e Promoción Económica, Mar Gómez e Pablo Villamar, respectivamente, presentaron o evento xunto con Marcial Puente, representante da AVV Altea –que organiza esta cita co Concello- e Carlos Rey, patrón maior da Confraría de Pescadores de Barallobre, que este ano colabora na festa subministrando a ameixa rubia que se degustará ao mediodía. As persoas interesadas en asistir poden adquirir xa os tickets no local social da AVV Altea, na rúa Foro, 43 (Xuvia), de luns a venres en horario de 9.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00. O prezo é de 10 euros por un menú con ameixa rubia á mariñeira, paella, sobremesa e bebidas incluídas. Amenizará a xornada un grupo musical. Os edís naroneses destacaron esta colaboración a tres bandas para poñer en valor un produto da ría, neste caso a ameixa rubia, da que o representante da Confraría de Pescadores de Barallobre destacou que “é de moi boa calidade, dun tamaño grande e moi saborosa”. A Asociación de Veciños Altea agradeceu a colaboración do Concello, que se presta desde a primeira edición desta festa gastronómica, celebrada como Alteada desde o ano 2001 e que chegou a congregar a uns seiscentos comensais na parroquia nalgunha das edicións anteriores. Tamén destacou Puente a colaboración da Confraría de Pescadores de Barallobre. Desde a organización animaron á veciñanza de Narón e doutros concellos da comarca a participar nesta Alteada, concebida como unha Festa da ameixa rubia, e na que os asistentes terán a oportunidade de degustar este produto, así como a paella que se preparará para a ocasión. Para máis información sobre este evento pódese contactar coa AVV Altea, a través do número de teléfono 981 393 561 ou do correo electrónico: av.altea2003@gmail.com.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal