Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BANDEIRA CONMEMORATIVA DO DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGTBQI ONDEA NO CONSISTORIO
O Concello colabora tamén na campaña "Construíndo diversidade", impulsada pola Deputación da Coruña para apoiar ao colectivo
Narón, 27 de xuño de 2017. A concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, indicou que a bandeira LGTBQI onderará na xornada do 28 de xuño nun mastro da Casa Consistorial con motivo da conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBQI, en sinal de apoio ao colectivo. O goberno local de Narón colabora ademais cunha campaña de sensibilización impulsada pola Deputación da Coruña, apoiando a diversidade e a liberación sexual e que ten tamén entre os seus obxectivos normalizar á comunidade LGTBQI. A edil naronesa apuntou que nos paneis informativos dixitais localizados nos barrios da zona urbana pódese ler tamén o lema da campaña: “Construíndo diversidade”, e anunciou que durante a xornada do 28, as persoas que vaian á Biblioteca Municipal e fagan uso do servizo de préstamo de libros, recibirán unha chapa conmemorativa do Día Internacional do Orgullo LGTBQI e material informativo sobre a citada iniciativa. Este mesmo material entregarse noutras instalacións municipais, como o Centro de Formación Irmás Froilaz, na Gándara; o Centro Manuela Pérez Sequeiros; e ao alumnado das Escolas de Música e do programa ConciliaEscola Verán, entre outros. “A sociedade debe respectar o principio da igualdade e tolerancia entre as persoas, sen establecer ningún tipo de distinción en función da súa raza, relixión, sexo ou calquera outro parámetro, porque é precisamente a través dese respecto como contribuiremos a normalizar as diferentes comunidades, entre elas a de LGTBQI, que mañá celebra o Día Internacional do Orgullo LGTBQI e á que desde o goberno local ofrecemos o noso apoio e colaboración”, recalcou Sabio.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal