Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
DESVÍOS DE TRÁFICO NA ESTRADA DO TRECE PARA ACOMETER A AMPLIACIÓN DO VIAL PROXECTADA POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O edil de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, explicou que as modificacións no tráfico rodado están xa en vigor e manteranse ata finais deste ano, tal e como se prevé inicialmente
Narón, 5 de xullo de 2017. O concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, anunciou unha serie de cambios que están operativos na sinalización da DP-5404 (estrada do Trece, de Xuvia á Frouxeira), con motivo das obras de ampliación do vial, titularidade da Deputación Provincial. O concelleiro naronés explicou que os desvíos en vigor estarán vixentes ata finais deste mesmo ano, según as previsións iniciais. A intervención proxectada pola Deputación da Coruña na DP-5404 consiste na ampliación da calzada, que pasará a ter un ancho de 3,50 metros e beiravías dun metro. Así mesmo, mellorarase o pavimento e procederase a instalar a rede de saneamento e abastecemento no tramo no que se acometerán os traballos, dunha lonxitude duns tres quilómetros, entre a rotonda da Gándara de Sedes e o lugar do Carballo. Nestas últimas intervencións, para implantar na zona os servizos de auga e alcantarillado, a Deputación da Coruña conta coa colaboración do Concello de Narón. O edil de Seguridade Cidadá e Transporte Público pediu desculpas polas molestias que poidan ocasionar os desvíos previstos no tráfico rodado durante o período no que se executan os traballos pendientes.
Descarga de archivos
Plano desvíos DP-5404
Tamaño:3,84 MB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal