Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
XOSÉ MANUEL BUDIÑO E MERCEDES PEÓN ACTUARÁN O 8 DE XULLO EN SAN XIAO
O Padroado da Cultura de Narón organiza este evento, que terá lugar nas inmediacións do local social de San Xiao, donde a AVV "Ceibe" convoca tamén para este sábado una sardiñada-churrascada popular
Narón, 6 de xullo de 2017. As inmediacións do local social de San Xiao acollerán este sábado, día 8, un concerto do gaiteiro galego Xosé Manuel Budiño e no que tamén actuará como artista convidada a cantante Mercedes Peón. Esta cita musical, organizada polo Padroado da Cultura de Narón, do que é vicepresidenta Marián Ferreiro, dará comezo a partir das 22.00 horas e a entrada é de balde. O citado organismo colabora coa AVV “Ceibe” de San Xiao para convocar esta proposta, ao igual que ao longo do ano se impulsan outras iniciativas con entidades veciñais das zonas urbana e rural do municipio. O concerto de Budiño e Peón permitirá reunir na cidade a dous dos máximos expoñentes do actual panorama musical galego. Durante aproximadamente dúas horas deleitarán ao público asistente interpretando algúns dos seus temas máis recoñecidos. O público gozará dos traballos destes artistas galegos, que colaboraron con anterioridade en proxectos como a reedición do disco “Paralaia”, de Budiño, con quen Peón interpretou algún dos temas con motivo do vixésimo aniversario da publicación do disco. Tamén o día 8, a partir das 20.00 horas, a AVV “Ceibe” de San Xiao organizou unha sardiñada-churrascada popular na citada ubicación. Os tickets para poder degustar as sardiñas e o churrasco que se servirán poden adquirirse no local social da citada asociación veciñal, en horario de 19.00 a 23.00. O prezo é de 8 euros para os socios e 10 para o resto para cear churrasco e de 1 euro por cada dúas sardiñas. O deporte rural e os xogos populares terán tamén un espazo propio neste evento, co fin de que tanto os nenos e nenas como os maiores teñan a oportunidade de pasar unha tarde de diversión e, ao mesmo tempo, recordando diversos dos xogos tradicionais galegos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal