Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN EN NOVE ACCIÓNS DO PLAN MUNICIPAL DE FORMACIÓN 2017
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN EN NOVE ACCIÓNS DO PLAN MUNICIPAL DE FORMACIÓN 2017
Un total de 204 persoas poderán participar nos cursos convocados desde o Concello, debendo anotarse antes do vindeiro 9 de agosto
Narón, 22 de xullo de 2017. Os veciños e veciñas de Narón en situación de desemprego, empadroados na cidade e maiores de 18 anos son os destinatarios das novas accións formativas convocadas a través do Programa Municipal de Formación 2017. A concelleira responsable da área, Natalia Hermida, anunciou que o 24 de xullo se abrirá o prazo de presentación de solicitudes para un total de nove cursos que se impartirán no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. As instancias, que se poden descargar da páxina web do Concello (http://www.naron.es/web/docs/formacion/Accions-formativas-Programa-Municipal-2017.pdf) deben presentarse no Rexistro municipal –donde tamén se poden solicitar-, de luns a venres (excepto festivos) en horario de 8.30 a 13.00 e ata o vindeiro 9 de agosto.
A concelleira de Formación explicou que a través destas accións formativas ofértanse un total de 204 prazas en catro áreas: interprofesional, de innovación e emprendemento; de iniciación profesional, e de especialización profesional. Á primeira delas correspóndense os cursos de “Prevención de riscos laborais” –dúas edicións, con 20 prazas e dun total de 60 horas cada unha-; “Medio Ambiente e PRL Naval” –dúas edicións, tamén con 20 prazas e 16 horas cada unha-; “Traballos en altura e verticais” –dúas edicións, con 12 prazas e de 40 horas cada unha-; “Mellora de empregabilidade” -15 prazas e 50 horas-; “Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos” -20 prazas e 5 horas- e “Primeiros auxilios” -20 prazas e 5 horas-.
En canto ao ámbito interprofesional de innovación e emprendemento, o curso convocado é de “Autoemprego” –para 15 persoas e de 100 horas- e no de iniciación profesional ofértase un de “Carnizaría” -15 prazas e 400 horas, con prácticas en obradoiros de carnizaría e empresas-. Por último, no ámbito de especialización profesional impartirase un curso sobre “Soldadura MAG” –para 15 alumnos e de 250 horas, tamén con prácticas en empresas-. Para poder realizar este último é preciso acreditar un mínimo de seis meses de experiencia profesional como soldador/a, entregando xunto coa solicitude de inscrición, un informe da vida laboral actualizado e contrato/s de traballo que acrediten esa experiencia.
O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición e no caso de ser admitidos comunicaráselles por teléfono cunha antelación mínima de tres días antes do inicio de cada curso. No taboleiro de anuncios do Concello tamén se publicará o listado de persoas admitidas, suplentes e excluídas.
“En total impartiranse 1.042 horas de formación con estas nove accións formativas, unha cifra moi significativa, e que sumará, xunto cos cursos da Aula Cemit, máis de 6.000 horas de formación municipal entre os meses de xaneiro e decembro deste ano”, destacou Hermida.
A concelleira naronesa apuntou que as accións formativas que se convocan agora impartiranse entre os meses de agosto e decembro deste ano e valorou a colaboración prestada polas empresas nas que o alumnado realizará as prácticas correspondentes a algún destes cursos. “É imprescindible para completar a formación que en determinados casos se realicen prácticas unha vez rematado o período teórico, polo que desde o goberno local queremos agradecer unha vez máis a oportunidade que lle brindan ao alumnado os empresarios e empresarias que colaboran co Concello e coa sociedade naronesa, ao acoller nas súas instalacións esas sesións e poñer a disposición o seu persoal para a formación e o aprendizaxe do alumnado”, asegurou a concelleira de Formación.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2017 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
25
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal