Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O OENACH ATLÁNTICO CELEBRARASE ESTA FIN DE SEMANA NA CAMPA CASTREXA DO TRECE
A programación do Oenach Atlántico, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia no ano 2014, desenvolverase os días 28, 29 e 30 de xullo
Narón, 24 de xullo de 2017. O “XIX Oenach Atlántico”, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia no ano 2014, celebrarase esta fin de semana na parroquia de Sedes. A programación comezará a desenvolverse este venres, a partir das 21.00 horas, co tradicional acendido de lumes co que se inaugura este evento para, a partir das 22.00 horas, dar paso á Noite de Música Galiciana, cun concerto de Davide Salvado, un dos cantautores galegos máis recoñecidos no ámbito da música tradicional. A celebración continuará o sábado día 29, coa apertura ás 11.00 horas dos postos que participarán este ano na Feira de Artesanía e o Mercadiño Artesán, que se instarán polas inmediacións do recinto feiral do Trece. Este ano haberá preto de corenta postos, entre os do mercadiño, os propios de artesanía, e tamén os cinco que se instalarán dentro do recinto feiral do Trece para facer diferentes demostracións de traballos artesáns. Tamén ás 11.00 comezará a actividade na campa castrexa, cunha ampla oferta de propostas lúdicas dirixidas ao público familiar, a través das que fomentar de xeito intercultural o coñecemento dos hábitos de vida castrexos. Unha exhibición da raza Can de Palleiro a partir das 12.00 e o concerto de Pesdelán, que comezará ás 13.00 horas, completarán a programación da mañá do sábado. O grupo Pesdelán levará ao Oenach Atlántico un completo repertorio de música e baile tradicional galego e portugués co que animar ao público, de diferentes idades, a participar nesta proposta de recuperación patrimonial. Os asistentes terán a oportunidade de xantar no propio recinto, coa variada oferta dos postos gastronómicos que acudirán ao Oenach Atlántico. A partir das 16.00 horas retomarase a programación, con sesións de xogos populares; teatro a partir das 17.00 horas coa compañía Títeres Trompicallo, que interpretará a obra “Jiñol” e unha Parada etnográfica da música e do baile tradicionais na que actuará o grupo Alxibeira, do Padroado da Cultura de Narón. A partir das 22.30 horas comezará a esperada Noite do Castro, unha representación teatral protagonizada un ano máis polos integrantes da Compañía do Grupo de Teatro Comunitario de Sedes, que porán en escena a obra “Molexa”. Na xornada do domingo, os postos da Feira de Artesanía e do Mercadiño Artesán abrirán de novo a partir das 11.00 horas. A esa mesma hora iniciarase a Carreira popular ao Castro de Eiravedra, na que poderán inscribirse todas as persoas que o desexen nesa propia xornada. O percorrido a realizar será duns cinco quilómetros polas inmediacións do citado castro. Tamén o domingo terá lugar Castro miúdo, unha proposta de carácter lúdico e didáctico dirixida aos nenos e nenas, coa que se aposta por explicarlles o contexto castrexo a través dun Photocall castreño, obradoiros –de micro arqueoloxía e de vestido castrexo para crianzas- e a construción dunha mini palloza. O teatro regresará de novo á campa a partir das 13.30 horas, cunha recreación a cargo de veciños e veciñas da zona para, a partir das 14.00 realizar un descanso para o Oenach Gastronómico. Ás 16.00 horas comezará unha nova sesión de xogos populares e practicarase deporte rural desde as 17.00 cunha serie de propostas coas que poñer en valor o patrimonio cultural. Serrado con tronzador, tiro á corda e carreiras con toradas forman parte das propostas a levar a cabo nesta actividade. A media tarde, sobre as 18.00 convocouse unha nova Parada Etnográfica, con música tradicional, a cargo da Banda de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón, e ás 19.30 horas entregaranse os trofeos aos mellor clasificados na carreira ao Castro celebrada pola mañá. A clausura desta décimo novena edición do Oenach Atlántico está prevista ás 20.00 horas. O Concello de Narón e o Padroado da Cultura de Narón organizan un ano máis esta convocatoria en colaboración coa Asociación de Veciños “Rosa dos Ventos”, de Sedes, e nesta edición tamén da Xunta de Galicia e de Abanca.
Descarga de archivos
Programa "XIX Oenach Atlántico"
Tamaño:35,43 KB
Cartaz
Tamaño:2,09 MB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal