Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS REXISTRAN UN TOTAL DE 242 SOLICITUDES PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR
Narón, 23 de Xuño de 2008.- A Concellería de Infancia de Narón, dirixida por Miguel Hermida Dopico, deu a coñecer hoxe os datos relativos ó número de matrículas rexistradas nas tres Escolas Infantís Municipais de Narón -situadas en A Solaina, Piñeiros e A Gándara- para o vindeiro curso escolar. En total o número de solicitudes ascende a 242, das que a maioría (90) corresponden ó centro de A Gándara, a pesares de ser ésta a última gardería en abrir as súas portas, no pasado mes de outubro de 2007. En A Solaina rexistráronse un total de 70 solicitudes, en Piñeiros 78, e a maiores hai 4 familias que solicitan praza, sen ter preferencia por ningún dos tres centros. Hermida explicou que esta situación se debe a que A Gándara é un barrio que está a crecer urbanística e demográficamente, o que se reflexa no número de solicitudes. “ A Gándara é a escola infantil que máis solicitudes de xornada de mañá o completa recibíu, e a que menos solicitudes de tarde rexistrou”, sinalou. Dentro das 242 solicitudes rexistradas, 147 corresponden a reservas de prazas de nenos que xa están matriculados nas tres escolas. En A Solaina continúan 49 pequenos, en Piñeiros 45 e en A Gándara 53. A Maiores, entrarán 37 nenos en prazas vacantes de Piñeiros (11 nenos de 0 a 1 ano, 13 de 1 a 2 anos, e outros 13 de 2 a 3 anos), 35 nenos en A Solaina (16 de 0 anos, 6 de 1 a 2 anos, e 13 de 2 a 3 anos), e 39 nenos en A Gándara (14 de 0 anos, 14 de 1 a 2 anos, e 11 de 2 a 3 anos). Tendo en conta estos datos, quedan 114 nenos sen praza para o vindeiro curso escolar, do que se deduce a necesidade de abrir a corto prazo unha cuarta guardería pública en Narón. A este respecto, o Edil de Infancia declarou que “quizáis o lugar máis axeitado sería o barrio de Xuvia, tendo en conta a distribución xeográfica destos centros públicos”. As listas de espera se rexistran nos nados en 2007 (quedando 73 nenos sen praza) e nos nados en 2006 (41 nenos sen praza). Cabe sinalar que en tódolos grupos de idade (de 0, 1 a 2, e 2 a 3 anos) quedan prazas libres no turno de tarde. Tamén no caso de nenos nados no 2008, quedan 5 prazas libres en Piñeiros e outras 6 en A Gándara, para o turno de mañá. O Concelleiro de Infancia, Miguel Hermida, destacou ademáis que os pais e nais se decantan pola xornada de mañá á hora de solicitar prazas de gardería, algo que iría en consoancia co feito de que ambos proxenitores traballen fora de casa nese horario. O Edil lembra que no mes de febrero deste ano se modificou o baremo que rixe a adxudicación de prazas nas escolas infantís municipais, para priorizar ás familias nas que traballan os dous cónyuges, algo que non sucedía ata o de agora.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal