Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CONCELLERÍA DE ESTATÍSTICA RECORDA Á VECIÑANZA DO VAL QUE NON DEBE COLOCAR A NOVA NUMERACIÓN DAS SÚAS VIVENDAS ATA QUE SE ACTUALICE A INSCRICIÓN PADROAL
A CONCELLERÍA DE ESTATÍSTICA RECORDA Á VECIÑANZA DO VAL QUE NON DEBE COLOCAR A NOVA NUMERACIÓN DAS SÚAS VIVENDAS ATA QUE SE ACTUALICE A INSCRICIÓN PADROAL
A actualización da inscrición padroal notificarase ás veciñas e vecinos da parroquia a través dunha carta, tal e como apuntou a edil de Estatística, Mar Gómez
Narón, 28 de xullo de 2017. A concelleira de Estatística, Mar Gómez, recordou á veciñanza do Val que as pegatinas que se facilitaron coa nova numeración das vivendas non se deben colocar ata o momento no que os propietarios dos inmobles reciban unha notificación coa inscrición padroal actualizada. A edil naronesa incidiu en que o enderezo que se lles notificou hai unhas semanas é provisional e, polo momento, está suxeito a posibles cambios, tal e como se lles indicou a través dunha carta remitida desde o Concello.
Unha vez que se notifique á veciñanza -tamén a través dunha carta- a inscrición padroal actualizada, poderanse colocar as pegatinas e tamén dar conta dos cambios aos distintos organismos e empresas subministradoras de diferentes servizos, tal e como explicou Gómez. “No caso de que as veciñas e veciños coloquen xa as novas numeracións nas súas vivendas pode ocasionar, polo momento, problemas en determinados servizos, ao non estar actualizada a inscrición padroal”, recalcou a concelleira de Estadística.
A edil naronesa valorou unha vez máis a colaboración prestada polas veciñas e os veciños do Val durante o proceso levado a cabo para renumerar as vivendas e rotular os camiños localizados na citada parroquia.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2017 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal