Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PADROADO DA CULTURA PROGRAMOU CINCO ESPECTÁCULOS DIRIXIDOS AO PÚBLICO FAMILIAR E INFANTIL ENTRE SETEMBRO E NOVEMBRO
O PADROADO DA CULTURA PROGRAMOU CINCO ESPECTÁCULOS DIRIXIDOS AO PÚBLICO FAMILIAR E INFANTIL ENTRE SETEMBRO E NOVEMBRO
A primeira das propostas é musical "La Bella y la Bestia", o vindeiro 16 de setembro no Pazo da Cultura e as entradas para os espectáculos están xa á venda na billeteira do Pazo
Narón, 28 de xullo de 2017. O Pazo da Cultura de Narón acollerá entre os meses de setembro e novembro deste ano catro dos cinco espectáculos dirixidos ao público familiar e infantil programados desde o Padroado da Cultura. Musicais, monicreques e teatro completan a programación anunciada hai uns días desde o citado ente municipal, do que é vicepresidenta a edil Marián Ferreiro. As entradas para as diferentes propostas culturais que se desenvolverán no Pazo ou no Auditorio municipal de aquí a finais de ano están xa á venda na billeteira do Pazo da Cultura.
A primeira das citas será La Bella y la Bestia, o vindeiro 16 de setembro a partir das 17.00 horas no Pazo. Trátase da adaptación en teatro musical dunha obra protagonizada por Bela, unha moza que vive nunha pequena aldea co seu pai e que soña cun mundo de aventuras ata que todo cambia ao encarcelar ao seu pai nun castelo, donde ela mesma vivirá unha tempada e experimentará numerosas vivencias. As entradas teñen un prezo de 12 euros en venda anticipada e 15 o día do espectáculo.
No mes de outubro terá lugar o espectáculo Contacreques, de marcado carácter poético, a partir dun texto de Ricardo Combi e baseado nunha serie de contos clásicos. Trátase dunha proposta áxil coa que o público –especialmente os nenos e nenas de 3 a 7 anos- gozará de principio a fin. Neste caso a cita será o 15 de outubro no Auditorio municipal a partir das 18.00 horas e o prezo das entradas é de 7,50 euros para o público xeral e de 5,25 para as tarifas reducidas e menores de 14 anos.
En novembro terán lugar as tres propostas restantes. O día 5 ás 18.00 horas representarase no Pazo da Cultura a obra Lúa. Unha nena con este mesmo nome decide comprobar en primeira persoa os motivos polos que hai tanto ruído na Terra e que preocupan ás estrelas. Unha obra na que se aborda o tema das relacións entre as persoas e que permite, a través dos ollos dunha nena, experimentar en primeira persoa a vida dos adultos. A segunda proposta para o mes de novembro é Caperucita, lo que nunca se contó. O día 19, ás 18.00 horas representarase no Pazo este recoñecido conto, orixinariamente popular e que se transmitiu de xeración en xeración. Nesta ocasión contarase a historia ao público a modo de comedia de enredos. E a terceira proposta para o público infantil é o espectáculo da banda Mamá Cabra “A festa continúa”, o 26 de novembro tamén no Pazo da Cultura, a partir das 18.00 horas. Un elenco formado por catro actores e cinco músicos protagonizará este espectáculo, no que se interpretará un completo repertorio de cancións deste grupo, con catorce traballos publicados. Os prezos das entradas destes tres últimos espectáculos é de 9,50 euros para o público xeral; 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 5,50 para os menores de 14 anos.
Desde o Padroado da Cultura de Narón apostouse unha vez máis por deseñar unha programación na que a música, o baile e o teatro centrarán os espectáculos pensados para o público familiar e infantil. Unha serie de propostas coas que ofrecer ás veciñas e aos veciños de Narón e doutros concellos unha alternativa de ocio coa que coñecer a labor que desenvolven agrupacións teatrais e musicais cun amplo percorrido no panorama cultural galego e tamén a nivel nacional.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2017 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
25
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal