Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O "III FESTIVAL ODEÓN BULEVAR" TRAERÁ A NARÓN A RECOÑECIDOS ARTISTAS COA XIRA LOS40 SUMMER LIVE
O
A Concellería de Festas e hostaleiros da Gándara organizan un ano máis este evento, que terá lugar o vindeiro 9 de agosto na rúa Cataluña
Narón, 31 de xullo de 2017. O Concello de Narón e representantes do sector hostaleiro da Gándara organizan a terceira edición do “Festival Odeón Bulevar”. Unha cita xa consolidada no calendario estival de actos festivos en Narón que esta mañá presentaron a concelleira de Festas, Mar Gómez, e Francisco Paz, en representación do sector hostaleiro da zona da Gándara. O “III Festival Odeón Bulevar” celebrarase o vindeiro 9 de agosto na rúa Cataluña –detrás do Centro Comercial e de Ocio Dolce Vita Odeón- a partir das 22.00 horas, tal e como apuntou Gómez. A novidade deste ano é que este evento enmárcase na xira LOS40 Summer Live, que traerá a Narón a recoñecidos artistas do panorama nacional. A entrada é de balde, tal e como apuntou Gómez, que animou á cidadanía a asistir a este festival.
Pola súa banda, Francisco Paz avanzou que o DJ David Álvarez será o encargado de conducir este evento musical, no que tamén actuarán Marlon, Bromas Aparte, Ana Mena, Taburete e Efecto Pasillo. Este ano colaboran co Concello na organización, en representación do sector hostaleiro local, os establecementos: Australian, Cambalache, Eder, Nueva Orleáns, El Colonial, La Quinta, La Suite e The Cream. Paz agradeceu a implicación do Concello de Narón para poder celebrar este festival na cidade. Na mesma liña, a edil de Festas destacou “a excelente coordinación entre o Concello e os hostaleiros implicados nesta iniciativa para poder traer a Narón esta xira, con actuacións pensadas para púbicos de diferentes idades”.
O público asistente poderá utilizar o estacionamento ubicado no soto do Centro Comercial Odeón para deixar os seus vehículos, se ben na zona se localizan numerosas prazas para aparcar. A celebración do festival obrigará a realizar unha serie de restricións no tráfico rodado nas inmediacións de Odeón, que estarán pertinentemente sinalizadas, tal e como se apuntou desde o Concello.
A xira LOS40 Summer Live celebrará en Narón a súa penúltima parada deste verán o vindeiro día 9, estando pechado outro festival o día 10 de agosto en Portonovo. Desde o pasado 22 de xullo recoñecidos artistas, entre os que tamén están David Otero, Bombai e Morat e o DJ Óscar Martínez percorreron numerosos escenarios localizados en municipios de todo o territorio nacional.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2017 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
25
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal