Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO HOMENAXEOU AO PÁRROCO EVARISTO LORENZO OROL
Un parque da Gándara, localizado nas inmediacións das Vivendas do Bispo, leva desde onte o nome do cura, que exerceu durante máis de dúas décadas en varias parroquias de Narón, entre elas a de Santiago Apóstol
Narón, 5 de setembro de 2017. Integrantes da corporación local de Narón homenaxearon ao cura Evaristo Lorenzo Orol, falecido o ano pasado e que exerceu durante varios anos nas parroquias de San Mateo de Trasancos, Santa Icía, San Martiño do Couto e Santiago Apóstol. En virtude ao cumprimento dunha declaración institucional que se levou ao pleno do pasado mes de abril, esta tarde, ás 18.00 horas, colocouse unha placa conmemorativa para dar o seu nome ao parque localizado na rúa da Paz, nas inmediacións das Vivendas do Bispo, na Gándara. Ao acto asistiu, entre outros representantes da corporación local, o edil Guillermo Sánchez Fojo. A Asociación de Veciños da Gándara, Cáritas da parroquia e a asociación Narón Amigos del Arte foron os impulsores desta iniciativa, respaldada pola corporación local naronesa. Con este acto, desde o Concello apóstase por destacar a figura de Evaristo Lorenzo Orol e tamén a súa labor nas parroquias naronesas durante 26 anos. Lorenzo Orol, natural de San Xiao de Recaré (Valodouro), que tamén exerceu como mestre, foi homenaxeado pola comunidade parroquial de Santiago Apóstol da Gándara tralo seu falecemento. O párroco recibiu un novo recoñecemento ao que acudiron integrantes da corporación local e tamén veciñas e veciños de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal