Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO EXECUTOU ESTE VERÁN OBRAS EN CENTROS DE ENSINO PÚBLICO POR UN IMPORTE QUE RONDOU OS 90.000 EUROS
O CONCELLO EXECUTOU ESTE VERÁN OBRAS EN CENTROS DE ENSINO PÚBLICO POR UN IMPORTE QUE RONDOU OS 90.000 EUROS
Os traballos permitiron a posta a punto das instalacións e complementaranse con outros proxectados en varios colexios e que se executarán coincidindo coas vacacións de Nadal, tal e como avanzou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo
Narón, 7 de setembro de 2017. O Concello de Narón destinou este verán unha partida de 88.431 euros para facer fronte a diversas obras de mellora en centros públicos de ensino da localidade. Os traballos, tal e como explicou a edil responsable da área de Ensino, Mercedes Taibo, “permitiron a posta a punto dos centros de cara ao próximo inicio do curso escolar”.
No colexio Ponte de Xuvia procedeuse ao pintado de aulas, cun investimento de 4.731 euros; no CEIP de Piñeiros substituíronse elementos de madeira –portas, caixas de persianas…- por un importe de 6.866 euros; no CEIP Virxe do Mar procedeuse tamén ao pintado de catro aulas -4.833 euros-; e na escola de Freixeiro pintouse a fachada exterior e cambiáronse as persianas -10.500 euros-. No centro educativo do Val é donde se realizou un maior investimento por parte das arcas locais, concretamente 20.314 euros para a reposición dos baños de Infantil e 3.327 para ampliar un aula. Así mesmo, cambiouse o recubrimento do chan do patio cuberto do colexio de Domirón, que custou 18.097 euros; e pintouse no interior das escolas infantís de Piñeiros e A Gándara, o que sumou un investimento de 19.763 euros.
A maiores destas intervencións, actuouse tamén no mantemento das zonas verdes localizadas nos recintos dos centros escolares da cidade. Finalizadas estas tarefas, quedan pendentes outras que están previstas para finais de ano, concretamente coincidindo a súa execución coas vacacións escolares de Nadal. A edil de Ensino indicou que entre estes traballos pendientes está a reparación do chan do ximnasio do colexio Virxe do Mar e a instalación de videoporteiros no CEIP Piñeiros e no CPI do Feal.
Algo máis de tres mil nenos e nenas matriculados nos centros escolares de Infantil e Primaria do municipio comezarán o vindeiro luns, día 11, as súas clases. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, subliñou o feito de que “de cara a este inicio de curso o alumnado atopará nos colexios unha serie de melloras realizadas grazas ao investimento realizado desde o Concello, unhas actuacións que se complementarán este ano con outras intervencións pendientes de cara a que as instalacións se atopen nas mellores condicións posibles para os rapaces e rapazas”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2017 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
23
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal