Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O AUDITORIO ACOLLE A ESTREA DA ÚLTIMA OBRA DA ESCOLA MUNICIPAL DE ACTORES E ACTRICES DE NARON
"Cometa cometa" está escrita e dirixida por Jose Luis Prieto, e interpretada por 11 alumnos da primeira promoción desta escola profesional de actores.
Narón, 25 de Xuño de 2008.- A Concelleira de Cultura de Narón, Manuela Pérez Sequeiros, presentou hoxe ante os medios a derradeira obra escrita, dirixida e protagonizada pola Escola Municipal de Actores e Actrices de Narón, que este ano remata a súa primeira promoción de alumnos. O texto titúlase “Cometa, cometa” e foi escrito polo dramaturgo naronés Jose Luis Prieto –gañador de dous premios Max de Teatro-, quen tivo durante o último mes e medio a labor de dirixir tamén ós 11 protagonistas desta obra (10 mulleres e un home). Segundo él mesmo explicou, “Cometa cometa” é unha peza teatral divertida, absurda e existencialista, dirixida a maiores de 12 anos de idade. A estrea terá lugar mañá ás 20:30 horas no Auditorio, e o prezo das entradas é de 4 euros. “Esta obra está baseada nun mundo colorista e positivo, no que a poboación cambia de punto de vista ó saber que un cometa se estrellará contra a terra no prazo de dous días”, contou Jose Luis Prieto. Ó longo dos 80 minutos que dura esta obra, os espectadores disfrutarán cunha peza que conxuga humor, sentimento e emocións, segundo él mesmo relatou. A Concelleira de Cultura, pola súa banda, destacou a importante labor que está a levar a cabo a Escola Municipal de Actores e Actrices de Narón, que o vindeiro ano estreará local de ensaios e clases, nunha superficie de 1.200 metros cadrados ubicados no interior do Pazo da Cultura. “Está claro que as novas instalacións dignificarán aínda máis a labor desta escola, dos seus mestres e alumnos”, dixo a Responsable do Padroado de Cultura. Dirixida por Flor Maceiras, a Escola de Teatro de Narón consta de dous ramas: a Escola de Formación de Actores e Actrices (coordinada por Cristina Montero e Luis Ramos), e a Escola Municipal de Teatro. Esta última está formada por 10 escolas de teatro infantil, outras 3 de teatro xuvenil, unha escola de teatro en Piñeiros, e outra escola de teatro de Persoas Maiores. “En conxunto suman 200 persoas facendo teatro aficionado en Narón”, salientou Maceiras. Pola súa banda, a Escola de Formación de Actores e Actrices divídese en cinco cursos nos que se imparten un total de 2.200 horas lectivas. Trátase dun percorrido formativo amplo, completo e sólido no que os alumnos/as cursan asignaturas como a creatividade dramática, canto e danza, e mesmo historia do teatro galego. O prazo de matrícula para preinscribirse nesta escola permanecerá aberto do 1 ó 15 de Xullo, no Auditorio Municipal. Ata o de agora, o número total de prazas nos cinco cursos limitábase a 50 alumnos, aínda que co traslado ás novas instalacións do Pazo da Cultura, poderíase estudiar a ampliación do número de estudiantes, tendo en conta a nova situación física.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal