Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS CLASES DA ESCOLA DE MÚSICA MODERNA DE NARÓN E PARA SOLICITAR AS AULAS DE ENSAIO DA CASA DA MOCIDADE
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS CLASES DA ESCOLA DE MÚSICA MODERNA DE NARÓN E PARA SOLICITAR AS AULAS DE ENSAIO DA CASA DA MOCIDADE
A concelleira de Mocidade, Natalia Hermida, anunciou que se impartirán clases de Guitarra, Piano e Batería para mozos e mozas de entre 12 e 30 anos
Narón, 12 de setembro de 2017. As mozas e os mozos de entre 12 e 30 anos empadroados en Narón poden solicitar desde hoxe, e ata esgotar as prazas dispoñibles, a súa inscrición na Escola de Música Moderna de Narón. Así o anunciou a concelleira de Mocidade, Natalia Hermida, que recordou que se impartirán clases de Guitarra, Batería e Piano, e tamén indicou que os grupos musicais poden solicitar a participación nas Aulas de Ensaio da citada Escola, especificando os días e horarios elixidos.
As clases de aprendizaxe musical de Guitarra ofrecen un total de doce prazas e correspóndense con niveis de iniciación (grupos I e II). Un dos grupos asistirá os mércores e venres de 17.00 a 18.00 horas e o segundo os luns e xoves, nese mesmo horario. No que respecta ás de Batería, cun total de catro prazas, as sesións serán os mércores e venres de 19.00 a 20.00 e as de Piano, tamén con catro prazas, os luns e mércores de 18.00 a 19.00. Todas as clases terán lugar nas instalacións da Casa da Mocidade, na Gándara, tal e como apuntou a edil responsable da área, que explicou que para solicitar as Aulas de Ensaio –operativas de luns a sábado- como mínimo un dos integrantes do grupo debe ser de Narón. O prezo a abonar é de 8,15 euros por usuario o membro do grupo –según a opción- ao mes.
“Trátase dunha proposta dirixida, no caso das clases, a un total de vinte rapazas e rapaces de Narón, que son as prazas dispoñibles, e a moitas máis no caso das Aulas de Ensaio que se ofrecen na Casa da Mocidade para os grupos musicais”, recalcou Natalia Hermida. A concelleira responsable da área recordou que se trata de sesións “dirixidas tanto a persoas que queren aprender a tocar algún instrumento musical como a aquelas que xa teñen uns coñecementos previos e desexan perfeccionalos coa axuda dos profesionais que as imparten”.
A Escola de Música Moderna de Narón “aposta por promover a música realizada polos novos grupos, que terán tamén a oportunidade de amosar o seu traballo en centros cívicos sociais e espazos públicos da cidade, ao tempo que desde o Concello se promove a súa formación técnica e musical”, destacou. Pero os obxectivos deste programa van máis alá, tal e como explicou Hermida, que incidiu no feito de que supón “unha excelente oportunidade para poñer en contacto aos grupos musicais da zona, de xerar unha cultura musical entre os mozos e mozas e de realizar “Kedadas musicais” en espazos públicos”.
Por todas estas razóns, a edil naronesa animou ás persoas interesadas en asistir ás clases da Escola de Música Moderna de Narón ou en utilizar as Aulas de Ensaio da Casa da Mocidade, a inscribirse. Os modelos de solicitude poden recollerse no Rexistro do Consistorio ou descargalos da páxina web do Concello de Narón, a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/S-SOC-10_Solicitude_Musica_Moderna_LPACAP.pdf no caso das clases, ou deste outro no das Aulas de Ensaio: http://www.naron.es/web/docs/S-SOC-11_Solicitude_Ensaio_Escola_LPACAP.pdf.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2017 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
23
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal