Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA A REPRESENTACIÓN DA COMEDIA NACIDAS LIBRES E UN CONCERTO FOLK DE SONDESEU NO QUE COLABORA O GAITEIRO XUACU AMIEVA
O espectáculo teatral será o sábado día 7 e o musical o domingo 8 de outubro, estando á venda as entradas na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura
Narón, 4 de outubro de 2017. O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana dous novos espectáculos enmarcados na programación deseñada polo Padroado da Cultura para o último cuadrimestre deste ano. O teatro será o protagonista na xornada do sábado, día 7, coa representación da obra Nacidas libres, a partir das 20.00 horas. A compañía Contraproduccións SL regresa a Narón cunha comedia escrita por Cándido Pazó e na que actuarán Casilda Alfaro, Mónica Camaño, Susana Dans e Rocío González. As entradas están á venda na billeteira do Pazo, a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para o resto. Nacidas libres conta a historia de catro mulleres, todas actrices, que corren o risco de desaparecer do mundo do espectáculo por non recibir ofertas de traballo. A situación lévaas a montar unha peza, autoempregándose, e apostando por un texto dunha xoven escritora que parte dunha noticia dun xornal sobre unhas monxas indias retidas contra a súa vontade nun convento de clausura en Santiago. As catro actrices interpretarán unha ducia de personaxes nun escenario do máis variopinto. O domingo será o turno da música, neste caso folk, e da man de Sondeseu, que traerá ao Pazo o seu espectáculo “Beiralúa”. A partir das 19.00 horas comezará o concerto da orquestra, integrada por 53 persoas e dirixida por Rodrigo Romaní. Trátase dunha agrupación da que forman parte músicos profesionais e outros que están aínda en período de formación, todos eles perfectamente coordinados. “Beiralúa” é o novo proxecto de Sondeseu, con fermosas melodías cheas de tradición e modernidade. O espectáculo conta ademais coa colaboración especial de Xuacu Amieva, un mestre gaiteiro asturiano moi recoñecido polo seu labor de recuperación do patrimonio cultural e musical da súa comunidade e por fundar varias bandas e grupos folclóricos. Creador da Escola de Música Tradicional de Oviedo, Amieva fundou tamén grupos folk como Beleño e Ubiña e colaborou cos irlandeses The Chieftains no seu disco “Santiago”, tocando no tema “El besu”, que obtivo un premio Grammy no ano 1997. As entradas para o concerto de Sondeseu, no que actuará tamén Xuacu Amieva, teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para o resto.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal