Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A PROGRAMACIÓN DO RECUNCHO DOS PEQUECHOS ACHEGA A CULTURA TRADICIONAL GALEGA ÁS NENAS E NENOS DE 3 E 4 ANOS
A PROGRAMACIÓN DO RECUNCHO DOS PEQUECHOS ACHEGA A CULTURA TRADICIONAL GALEGA ÁS NENAS E NENOS DE 3 E 4 ANOS
As Escolas Culturais Municipais do Padroado da Cultura ofertan esta proposta, para a que permanece aberto o prazo de inscrición ata o día 13 de outubro
Narón, 11 de outubro de 2017. As nenas e nenos de 3 e 4 anos son os destinatarios dunha das actividades ofertadas a través das Escolas Culturais Municipais do Padroado da Cultura de Narón. O Recuncho dos Pequechos é o nome da actividade programada desde o citado organismo para os menores, co fin de inculcarlles unha serie de coñecementos sobre a cultura tradicional galega. O prazo para anotarse nesta proposta rematará o venres, día 13, debendo formalizarse as matrículas nas oficinas do Pazo da Cultura, en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 e o prezo da actividade é de 63,10 euros por curso.
Ao longo do ano as nenas e nenos participarán activamente nas clases, donde unha diplomada en Maxisterio -educación Infantil- lles transmitirá unha serie de ensinanzas vencelladas a diferentes actos. Cancións populares, xogos e obradoiros forman parte das propostas ofertadas aos menores entre os meses de outubro e maio nas sesións que se impartirán nas instalacións do Pazo da Cultura.
Tras unha presentación inicial o alumnado participará nunha serie de xogos e aprenderá a canción Fun ao mercado. Así se iniciará o curso 2017-2018 do Recuncho dos Pequechos este mesmo mes, no que os participantes tamén adicarán un tempo ao Samaín e ao Magosto, dúas das festividades desta época do ano, de orixe celta, e cunha fonda tradición no municipio e moi celebradas tamén noutras localidades de Galicia. A decoración dunha cabaza e a preparación dos cucuruchos das castañas serán parte das actividades a realizar na aula, donde non faltará a música, relacionada tamén nesta época do ano con estas dúas celebracións.
A programación do Recuncho ata finais de ano inclúe, nos meses de novembro e decembro, o asado e pintado de castañas, unha clase con instrumentos musicais e actividades para coñecelos mellor, cancións de Nadal e sesións para saber quen é o Apalpador, que visitará ao alumnado.
E coas cancións de Nadal comezará de novo a actividade do Recuncho dos pequechos o vindeiro mes de xaneiro, no que as nenas e nenos tamén terán a oportunidade de coñecer instrumentos como a gaita, conmemorarán o Día da Paz, aprenderán cancións típicas do Entroido e a confeccionar o seu propio disfraz. Será precisamente o Entroido a festividade que marque parte das actividades do mes de febreiro, no que continuarán coñecendo novos instrumentos, como o acordeón e a zanfona.
Os traxes tradicionais galegos para mulleres e homes, a construción dun instrumento tradicional galego e a celebración dos Maios forman tamén parte da variada programación desta proposta das Escolas Culturais Municipais, que se clausurarán cunha actuación de final de curso. A música en xeral e os instrumentos musicais en particular forman tamén parte dunha programación que se complementa coa educación en valores e a coeducación do alumnado.
Para solicitar máis información sobre esta ou outras propostas das Escolas Culturais Municipais do Padroado da Cultura pódese chamar ao número de teléfono 981 391 144.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2017 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
25
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal