Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONMEMOROU O DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS MAIORES
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e as edís de Promoción Social e Acción Social, Teresa Sabio e Catalina García, respectivamente, visitaron o Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros e a unha veciña centenaria que reside na parroquia do Couto, Flora López
Narón, 16 de outubro de 2017. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e as edís de Promoción Social e Acción Social, Teresa Sabio e Catalina García, respectivamente, desprazáronse esta mañá ao Centro Comunitario Integrado de Atención ás Persoas Maiores “Manuela Pérez Sequeiros” para visitar a usuarias e usuarios do Centro de día. A cita programouse con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas Maiores, que se conmemora cada ano no mes de outubro. A rexedora local e as edís municipais entregaron un clavel como agasallo ás persoas que participaban nas actividades desenvolvidas ás 12.00 horas no Centro de día, que acudían a clases de ximnasia. As usuarias e usuarios do centro, así como o persoal que traballa no mesmo, agradeceron a visita das representantes do goberno local, coas que tiveron a oportunidade de conversar e ás que lles contaron algunhas vivencias e anécdotas de cando eran máis novos. A continuación a alcaldesa e as concelleiras desprazáronse ata o Couto, donde reside Flora López Yáñez, unha veciña centenaria de Narón, coa súa filla Amalia Romero López. Flora conversou animadamente con Marián Ferreiro, Teresa Sabio e Catalina García, ás que lles contou que ten unha única filla, un neto e un tataraneto. Aos seus 102 anos –cumpridos o pasado mes de xaneiro- Flora recordou varias historias da súa vida xunto coa súa filla e agradeceu a visita da alcaldesa e as concelleiras naronesas, que lle entregaron como agasallo un cesto con varias plantas antes de sacar unha fotografía xuntas en recordo desta data. Ao despedirse Flora transmitiulles ás representantes do goberno local o seu desexo de que volten a visitala o vindeiro ano. Pola súa banda, a alcaldesa e as edís agradeceron o recibimento da familia e amosaron a súa satisfacción por ver novamente a Flora, que xa fora homenaxeada polo Concello con motivo do seu 100 aniversario no ano 2015. Afeccionada ao fútbol, coñecedora das tarefas do campo e residente sempre na cidade, Flora López é natural de Placente (Sedes) e aínda hoxe en día colabora nalgunhas tarefas coa súa filla, tal e como indicou, como debullar fabas ou garavanzos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal