Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONMEMORARÁ CON VARIOS ACTOS O DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS
A Praza de Galicia acollerá o día 21 de outubro espectáculos e actividades en horario de mañá e tarde, tal e como indicaron a alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Bibiliotecas, Mercedes Taibo
Narón, 16 de outubro de 2017. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, deron a coñecer esta mañá os actos cos que se conmemorará o Día das Bibliotecas. O vindeiro sábado, 21 de outubro, instalarase unha carpa na Praza de Galicia na que se desenvolverán numerosas actividades en horario de mañá e tarde. A convocatoria inclúe varias propostas dirixidas á cidadanía en xeral, polo que desde o Concello animaron ás veciñas e veciños, independentemente da súa idade, a implicarse nos obradoiros e gozar dos espectáculos previstos. Ás 11.00 horas abrirase a carpa e a partir das 11.30 e ata as 13.30 as persoas que se acheguen ata a Praza de Galicia terán a oportunidade de participar na elaboración dun calendario colaborativo. A veciñanza será a protagonista dese calendario que se editará desde a Biblioteca municipal para o ano 2018 e que se repartirá a finais de ano entre as usuarias e usuarios do centro, tal e como indicou Taibo. A partir das 11.30 horas dará comezo un espectáculo dirixido a bebés, Nanocontos, e ás 12.30 outro para o público infantil, A maleta da avoa, ambos a cargo de Raquel Queizás. A carpa permanecerá aberta ata as 14.00 horas. Pola tarde retomarase a programación a partir das 16.30 horas, cun concerto da Banda Infantil de Sementeira e a reapertura da Biblioteca na carpa. Entre as 17.00 e as 19.00 continuarase realizando o calendario colaborativo e tamén neste mesmo horario haberá, como novidade, un obradoiro de rap para mozas e mozos, a cargo de Vella Escola. A Biblioteca instalada provisionalmente na Praza de Galicia pechará ás 19.30 horas e o centro localizado na rúa 25 de Xullo non abrirá as súas portas o sábado, tal e como recordou a edil de Bibliotecas. “A sala de adultos e a infantil estarán pechadas e poderase atopar material da biblioteca na Praza de Galicia, se ben as devolucións poden facerse a través do buzón localizado na porta da Biblioteca municipal”, explicou Taibo. Durante toda a xornada, tal e como apuntou a alcaldesa, “haberá unha selección das novidades da biblioteca municipal para público infantil e adulto”. Ferreiro destacou a recente incorporación do centro naronés á Rede de Centros Bibliotecarios de Galicia, hai tan só uns días, “o que permite, entre outras vantaxes, acceder cun único carné ao servizo de préstamo de todos os centros que forman parte desa Rede, sen necesidade de darse de alta en cada un deles”. No último rexistro realizado antes da incorporación das instalacións de Narón á Rede de Centros Bibliotecarios de Galicia, concretamente o día 28 de setembro, a Biblioteca municipal contaba cun total de 16.742 usuarias e usuarios, tal e como recordou a alcaldesa de Narón.
Descarga de archivos
Cartel
Tamaño:1,20 MB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal