Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE CONVOCA UNHAS XORNADAS DE PROMOCIÓN DO SECTOR TURÍSTICO E PESQUEIRO
O Concello de Narón forma parte desta entidade, que programou una sesión sobre "Intelixencia comercial e creación de empresas" para o vindeiro 19 de outubro en Miño
Narón, 17 de outubro de 2017. O Concello de Narón, integrado no Grupo de Acción Local (GALP) Golfo Ártabro Norte recorda que a entidade continúa desenvolvendo unhas xornadas destinadas a promover e dinamizar os territorios mediante iniciativas relacionadas con dous sectores, o turístico e o pesqueiro. “Galicia Norte. Mares de experiencias” é o título desta iniciativa, que comezou o pasado 28 de setembro e que continuará o vindeiro xoves, día 19, na Casa do Pescador, no concello de Miño. Na xornada do xoves abordarase a “Intelixencia comercial e creación de empresas (formas xurídicas)”, entre as 9.30 e as 13.30 horas. Estas sesións formativas rematarán o 26 de outubro, coa proposta “Creación de redes”, que tamén terá lugar na mesma ubicación e no citado horario. Esta convocatoria é aberta á participación da cidadanía en xeral, debendo inscribirse os interesados –ata o propio día da xornada- a través do correo electrónico pilartorres@valoraconsultores.com ou chamando ao 673 472 735.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal