Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A "XVII FEIRA DO MEL E PRODUTOS ECOLÓXICOS" CELEBRARASE NO RECINTO FEIRAL DO TRECE, EN SEDES
A cita será o día 22 de outubro e reunirá no Trece a unha trintena de postos de venda de mel, produtos ecolóxicos e artesanía, según avanzou a concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez
Narón, 20 de outubro de 2017. A décimo sétima edición da “Feira do Mel e Produtos Ecolóxicos” celebrarase o vindeiro domingo, día 22, no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes. A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, avanzou que este ano haberá unha trintena de postos de venda de produtos do campo e apícolas, así como outros artesanais e ecolóxicos. As persoas interesadas en visitar esta feira poderán facelo en horario de mañá e tarde, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00. O mel será un dos principais reclamos deste evento, no que se darán cita apicultores do municipio naronés e tamén procedentes doutros concellos, como As Pontes, A Capela, Lugo e Viveiro. Os visitantes terán a oportunidade de adquirir mel da zona e tamén de coñecer polo miúdo o proceso de elaboración deste produto e os coidados das abellas. Cremas e artículos a base de própole, material apícola e sobremesas elaboradas con mel entre os seus ingredientes forman tamén parte dos produtos que se poderán ver e adquirir na “Feira do Mel e Produtos Ecolóxicos” de Sedes, tal e como indicou a edil naronesa. Non faltarán tampouco na cita informacións relativas á vespa velutina, prestando especial atención á elaboración de trampas para atrapar a esta especie, cada vez con maior presencia nos concellos da comarca. A maiores, localizaranse no recinto do Trece outros postos nos que se venderán licores, aceites naturais, queixos e embutidos, marmeladas artesás, cervexa, doces, e artículos de alfarería e cestería. Obradoiros para nenas e nenos sobre cociña ecolóxica, degustacións, un pequeno anticipo do magosto, música en directo, marionetas e agasallos completarán a programación prevista para este evento, organizado polo Concello de Narón. “Un ano máis queremos agradecer de antemán a participación de todas as persoas que instalarán algún posto nesta feira, unha das máis recoñecidas do concello de Narón”, apuntou Mar Gómez. A edil incidiu en que “poderemos ver produtos de calidade elaborados por veciñas e veciños de Narón e da comarca e tamén se ofrecerá un completo programa de actividades e ocio para que os visitantes, maiores, nenas e nenos, gocen desta feira durante toda a xornada do domingo”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal