Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA PARTICIPOU NO ACTO INAUGURAL DAS XORNADAS DE NETWORKING ORGANIZADAS NO CENTRO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS
Marián Ferreiro destacou ante o medio centenar de empresarios, emprendedores e autónomos que acudiron a importancia de apostar por este tipo de eventos, neste caso organizado pola Asociación de Jóvenes Empresarios en colaboración co Concello
Narón, 27 de outubro de 2017. O Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros acolleu esta mañá a celebración dunhas xornadas sobre Networking organizadas pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) en colaboración co Concello de Narón. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a edil de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, asistiron ao acto inaugural desta convocatoria, na que participaron medio cento de empresarios, emprendedores e autónomos. A alcaldesa de Narón destacou a importancia de convocar este tipo de iniciativas, nas que os participantes teñen “unha excelente oportunidade para poder establecer unha rede de contactos que lles poderán ser de moita utilidade á hora de establecer relacións de negocio entre eles”. Así mesmo, Marián Ferreiro ofreceu a “máxima colaboración do Concello” para levar a cabo na cidade iniciativas deste tipo. Entre as 9.00 e as 11.30 horas os asistentes deron a coñecer os seus proxectos, relacionados con diferentes sectores, nas diferentes mesas organizadas para a ocasión, o que constitúe toda unha oportunidade de cara a crear sinerxias nun ámbito multisectorial, tal e como se destacou.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal