Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA UN SALÓN DE VODAS QUE SE CELEBRARÁ EN NOVEMBRO NO PAVILLÓN MUNICIPAL CAMPO DA SERRA
A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, anunciou que o evento terá lugar os días 11 e 12 do vindeiro mes e que participarán medio centenar de empresas vencelladas a diferentes sectores
Narón, 27 de outubro de 2017. A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, presentou esta maña o “Salón de Bodas. V First Wedding Show” que organiza o Concello para os vindeiros días 11 e 12 de novembro. A edil naronesa explicou que participarán neste evento medio cento de empresas procedentes maioritariamente de Narón e comarca, pero tamén doutros municipios da Coruña, vencellados aos sectores da roupa de noivos e noivas, comunións, flores, maquillaxe, música e fotografía, entre outros relacionados con vodas e comunións. A cita terá lugar nas instalacións do Pavillón municipal Campo da Serra, en Santa Icía, que permanecerá aberto en horario de mañá e tarde. O sábado os expositores -con dimensións entre os 2x2 metros e os 9x6- abrirán de 12.00 a 21.00 e o domingo entre as 11.00 e as 20.00. Os dous días ás 18.00 horas haberá desfiles de roupa de noiva, de noivo, de festa, comunión, arras e ramos de noiva, para que os asistentes poidan coñecer as últimas novidades que se darán a coñecer por parte dos diferentes establecementos participantes, tal e como avanzou Gómez. A entrada ao recinto é de balde. A concelleira de Feiras indicou que acudirán á convocatoria empresas como Halcón Viajes, Estudio de fotografía Noelia Soto, Viaxes Carrefour Narón, Verónica Arte Floral, Mary Kay, Nuria Espasandín, Fiestoke… e outras vencelladas ao Salón de Bodas. Tamén haberá un sorteo dirixido aos asistentes, que poderán solicitar un ticket nos expositores debendo cubrir unha serie de datos e entregándoo de novo para poder participar. Entre os agasallos hai tratamentos estéticos, descontos en sesións de fotografía, unha viaxe e roupa. A edil responsable da área de Festas destacou a importancia de que a cidade acolla por primeira vez un Salón de Bodas, incidindo en que “se trata dun evento no que se amosarán as últimas novidades en roupa, complementos e maquillaxe, entre outras, para aquelas persoas que queiran organizar vodas, bautizos ou comunións”. Mar Gómez subliñou que as persoas interesadas en celebrar este tipo de eventos, “disporán dun espazo, neste caso o pavillón de Campo da Serra, donde se concentrarán medio cento de empresas representativas dos servizos e artículos que poidan necesitar para esas datas tan sinaladas”, e animou á cidadanía de Narón e doutros concellos a visitar o Salón de Bodas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal