Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MEDIO CENTO DE EMPRESAS PARTICIPAN ESTA FIN DE SEMANA NO SALÓN DE CERIMONIAS ORGANIZADO POLO CONCELLO
O evento desenvolverase os días 11 e 12 de novembro nas instalacións do pavillón Campo da Serra, en Santa Icía, e a entrada é de balde, tal e como indicou a concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez
Narón, 10 de novembro de 2017. Vodas, comunións e outras celebracións cobrarán especial protagonismo esta fin de semana no “Salón de Cerimonias. V First Wedding Show” que mañá e o domingo se celebrará nas instalacións do pavillón Campo da Serra, en Santa Icía. O Concello organiza esta convocatoria a través da área de Feiras e Mercados, presidida pola edil Mar Gómez, que recordou que participarán no evento medio cento de empresas vencelladas ao sector da moda para celebracións, floristerías, viaxes, fotografía, música e maquillaxe. Os expositores poderán visitarse mañá sábado en horario de 12.00 a 21.00 e o domingo entre as 11.00 e as 20.00 e a entrada do público é de balde. Empresarios de Narón e doutros concellos da comarca sumáronse a esta iniciativa co obxectivo de ofrecer á cidadanía un espazo no que atopar todo o necesario para celebrar vodas e comunións, entre outros eventos festivos. María Barcia, El Dique Moda Hombre, Deal Narón Bodas Eventos, 719 Discotecas Móviles, Esart Silvent, Viajes Carrefour Narón, Nuria Espasandín de Moda, Parque Infantil Burbujas, Fiestoke, Cátering Ferrolterra, Don Bodas e Tomás Maroño Peluqueros son algúns dos establecementos que estarán presentes neste Salón de Cerimonias. Na xornada do sábado e o domingo, ás 18.00 horas haberá desfiles de roupa de noiva, noivo, festa, comunión, arras e ramos de noivas, nos que se amosarán as últimas tendencias en moda para este tipo de actos. Os asistentes terán a oportunidade de participar no sorteo de varios productos en diferentes expositores. Para optar aos mesmos deberán visitar o stand que lles interese, cubrir uns datos nunha papeleta que se lles facilitará no mesmo e depositala nunha urna no propio stand. Cando remate o desfile do domingo procederase a abrir tódalas urnas para sortear os agasallos, non sendo preciso que estean presentes os gañadores, xa que non será presencial. En total entregaranse premios valorados en máis de dous mil euros, entre os que se atopan sesións fotográficas, lotes de produtos de beleza, descontos, fins de semana en hoteis ou paradores, vales desconto… tal e como se indicou desde a organización. A concelleira de Feiras e Mercados destacou a importancia de que este evento se celebre na cidade, “porque representará unha excelente oportunidade para que as persoas que o desexen reciban toda a información necesaria para organizar celebracións como vodas e comunións, tendo nun mesmo espazo empresas que ofrecen todos os servizos necesarios para ese tipo de eventos”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal