Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A APERTURA DO CURSO 2017/2018 DA ESCOLA DE TEATRO DE NARÓN CELEBRARASE NO AUDITORIO MUNICIPAL
A APERTURA DO CURSO 2017/2018 DA ESCOLA DE TEATRO DE NARÓN CELEBRARASE NO AUDITORIO MUNICIPAL
O acto terá lugar o 14 de novembro ás 18.00 horas e ao mesmo están convocados os máis de 200 alumnos e alumnas matriculados para o presente curso
Narón, 13 de novembro de 2017. O Auditorio municipal acollerá mañá, 14 de novembro, ás 18.00 horas, o acto de apertura do curso 2017/2018 da Escola de Teatro de Narón. A presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, explicou que, ao igual que en anos anteriores, celebrarase un encontro co alumnado no que tamén participarán o xornalista e escritor Nicolás Castellano, o novelista e dramaturgo Antonio Lozano, e o productor teatral e director de escena Mario Vega, que participarán nunha mesa redonda sobre “Mocidade: Teatro e realidade social” á que seguirá unha charla co alumnado. Ferreiro indicou que este curso a Escola de Teatro de Narón conta con 230 persoas matriculadas.
Do total do alumnado, 71 persoas participan na actividade da Escola Municipal de Formación de Actrices e Actores (primeiro a terceiro curso ou Practicum) e os 159 restantes nalgún dos nove Obradoiros municipais de Teatro (hai nove de Teatro Infantil; dous de Teatro Xuvenil e catro de Persoas Adultas). Entre as novidades deste curso da Escola de Teatro de Narón, tal e como avanzou a presidenta do Padroado, está a previsión de poñer en marcha unha nova liña de actuación, que consistirá en “Cursos especializados de Teatro e Interpretación”.
Co encontro que se celebrará no Auditorio os asistentes terán a oportunidade de coñecer o traballo dos poñentes, así como de obter unha visión completa do percorrido que fai chegar ao público teatral esta realidade, partindo da nova e a través da documentación e elaboración do texto por parte do dramaturgo, ata chegar ao proceso de producción para poñer en escena o espectáculo. Neste caso os poñentes, tal e como recordou Ferreiro, “están moi vencellados ao drama derivado da inmigración africana, un tema que fai que incidan en denunciar as penosas condicións que padecen os migrantes, que se vén obrigados a saír da súa terra e alonxarse das súas familias na procura dun futuro mellor para todos eles”.
Unha vez finalice o acto de apertura da Escola de Teatro os asistentes terán a oportunidade de asistir á presentación dos libros Me llamo Adou e Eu son Suleiman, de Nicolás Castellanos e Antonio Lozano, respectivamente. A convocatoria comezará ás 20.30 horas no Pazo da Cultura, no Café Teatro, e a presentación da mesma correrá a cargo da alcaldesa de Narón e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, que moderará a mesa. A cita enmárcase nas actividades da “XXXIII Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil” programada a través do Padroado da Cultura de Narón e que inclúe representacións para máis de 6.000 escolares de centros de ensino de Narón e comarca.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2017 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
23
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal