Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PADROADO DA CULTURA E A SOCIEDADE CULTURAL E RECREATIVA "A POMBIÑA" ORGANIZAN UN CICLO DE TEATRO EN PEDROSO
O PADROADO DA CULTURA E A SOCIEDADE CULTURAL E RECREATIVA
As representacións previstas rematarán o 10 de decembro no local da entidade e a entrada é de balde
Narón, 1 de decembro de 2017. O local da Sociedade Cultural e Recreativa “A Pombiña”, de Pedroso, acollerá a partir do domingo día 3, o ciclo de teatro afeccionado “I Memorial Andrés Castro”. O Padroado da Cultura colabora coa entidade na organización deste evento, que inaugurará o grupo Teatro Ultreia, de Ortigueira, que representará a obra Chicago. A posta en escena de todas as obras desta convocatoria será a partir das 19.00 horas e a entrada é de balde.
A segunda das citas deste ciclo teatral será o mércores 6 de decembro, xornada na que Donas Amistad, de Ferrol, representará Hotel Don Pío. O venres día 8 será o turno do grupo de Teatro Xuvenil “A Pombiña”, de Pedroso, que porá en escena Hamlet e o día 9 de decembro Max Teatro fará o propio coa peza Cousas de matrimonio. A última das representacións deste ciclo programouse para o domingo 10 de decembro, coa obra A invitada, e a cargo do grupo de teatro “A Pombiña”, tal e como recordaron desde o Padroado da Cultura.
A presidenta do Padroado, Marián Ferreiro, animou ás veciñas e veciños a asistir a estes espectáculos teatrais, “nos que teremos a oportunidade de ver o excelente traballo que realizan formacións teatrais de Narón e tamén doutros concellos da comarca”. Ferreiro destacou a colaboración entre o citado organismo municipal e a Sociedade Cultural e Recreativa “A Pombiña”, “que nos axuda a contribuír achegando o teatro á veciñanza do rural un obxectivo que temos moi presente no Padroado da Cultura e que extendemos a outras entidades da zona rural e tamén do núcleo urbán”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2017 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
25
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal