Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
COMENZAN AS FESTAS DE VERÁN 'NARON 2008'
O Alcalde e os pregoeiros dan o pistoletazo de saída ós festexos, que se prolongarán ata o domingo 20 de Xullo.
Narón, xoves 17 de Xullo de 2008.- O municipio de Narón celebra estos días as súas Festas de Verán, que por primeira vez contaron coa lectura do Pregón (a cargo dos actores Pedro Alonso e Mercedes Castro, da serie da TVG "Padre Casares"). Tódolos festexos son de carácter gratuito, e se celebran no paseo marítimo de Xuvia. A programación de actos pode consultarse na web do Concello. Tanto os pregoeiros (que fixeron na súa intervención un repaso á historia e á singularidade do municipio de Narón) coma o Alcalde, Xoán Gato, e os representantes políticos do Concello animaron ós naroneses a disfrutar das súas festas, e agardaron en consolidar esta iniciativa ó longo dos vindeiros anos. Momentos antes da lectura do Pregón, o Alcalde e os concelleiros de goberno e da oposición ofreceron unha recepción ós protagonistas do mesmo, obsequiándoos con obxetos representativos do Concello de Narón. Na xornada de hoxe, toca o turno das bandas de rock. Está prevista a actuación dos grupos Siniestro Total (ás 22.00 horas), e a formación madrileña Dover, que actuará entrada a madrugada (00:00 horas).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal