Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
INAUGURADA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL UNHA EXPOSICIÓN DA ASOCIACIÓN ARTÍSTICO-CULTURAL MESTURAS
INAUGURADA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL UNHA EXPOSICIÓN DA ASOCIACIÓN ARTÍSTICO-CULTURAL MESTURAS
A mostra, formada por un total de trinta e dúas obras pictóricas, poderá verse ata o vindeiro 30 de decembro na Biclioteca
Narón, 16 de decembro de 2017. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a edil de Cultura, María del Carmen Espada, acudiron hoxe á inauguración dunha exposición da Asociación Artístico-Cultural Mesturas, xunto coa presidenta da entidade, María del Carmen Sendón, a secretaria, Amelia de Querol, e varios socios. Ata o vindeiro 30 de decembro permanecerán expostas na Biblioteca municipal un total de trinta e dúas obras pictóricas realizadas por socios e amigos de Mesturas.
A maior parte dos cadros están realizados ao óleo, aínda que nalgún tamén se empregaron outras técnicas, como o pastel. A alcaldesa destacou o traballo realizado pola Asociación Mesturas en Narón e recordou que se trata dunha entidade constituída no ano 2012 e á que este mesmo verán se lle cedeu un local municipal na Faísca. Ferreiro valorou a ampla oferta de actividades artísticas e de lecer que organiza o colectivo ao longo do ano e recordou que a entidade colaborou en varias ocasións co Concello en eventos como “Arte na Rúa”, un encontro artístico celebrado no ano 2012 na Praza da Gándara, e en iniciativas relacionadas coa Educación Viaria.
A presidenta de Mesturas agradeceu a colaboración prestada polo Concello de Narón á asociación e recordou parte do labor e dos obxectivos da mesma, entre os que están incentivar a creatividade e promover a cultura, así como apostar pola formación artística nas súas diferentes manifestacións.
Pola súa banda, a concelleira de Cultura de Narón asegurou que Mesturas “nace grazas á colaboración de persoas que fixeron da expresión artística o seu horizonte, co propósito de achegar a cultura á xente” e destacou a calidade artística dos traballos que compoñen esta mostra.
A exposición poderá verse na sala de exposicións da planta sótano da Biblioteca municipal ata o 23 de decembro de luns a venres en horario de 17.00 a 20.00 e os sábados de 10.00 a 13.00 e do 26 ao 30 de decembro de luns a venres de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 e os sábados de 10.00 a 13.00 horas.
Tanto a alcaldesa da cidade como a edil de Cultura animaron ás veciñas e veciños de Narón e comarca a desprazarse ata a Biblioteca municipal para ver os traballos realizados por un grupo de persoas vencelladas á Asociación Artístico-Cultural Mesturas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2019 >>>

LMMXVSD
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
18
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal