Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA RECIBIU NO SEU DESPACHO AO CÓNSUL XERAL DE VENEZUELA EN GALICIA E ASTURIAS
A rexedora local, Marián Ferreiro, estivo acompañada por portavoces dos grupos municipais e polo Cónsul Primeiro de Venezuela en Galicia e Asturias, Ernesto Guerra
Narón, 18 de decembro de 2017. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, recibiu esta mañá no seu despacho ao Cónsul Xeral de Venezuela en Galicia e Asturias, Martín Pacheco, que acudiu acompañado polo Cónsul Primeiro de Venezuela en Galicia e Asturias, Ernesto Guerra, no marco dunha visita institucional. Ao acto, celebrado a partir das 12.00 horas no Concello, acudiron tamén os portavoces de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo; PSOE, Catalina García; BNG, Pablo Villamar; PP, Marcos López e EU, André Abeledo. A rexedora local agradeceu a visita de Pacheco á cidade e informou ao Cónsul Xeral sobre aspectos relacionados coa industria, cultura e outras áreas municipais. Pola súa banda, Pacheco, avogado e xornalista, tamén informou aos representantes da corporación local da actual situación de Venezuela, comprometéndose ante Ferreiro a realizar as xestións oportunas para poder realizar un irmanamento entre os concellos de Caracas e Narón. A alcaldesa da cidade entregoulle a Pacheco uns agasallos institucionais e convidouno a asinar no Libro de Ouro da Cidade, ao que o Cónsul Xeral de Venezuela en Galicia e Asturias accedeu con agrado. “Un verdadero honor para mí compartir y ser recibido por tan ilustres legisladores de Narón. Desde las tierras de Bolívar, Chávez y Maduro queremos profundizar estas relaciones para lograr el entendimiento, la paz y la justicia social que anhela vuestro pueblo”, escribiu Pacheco. Ao termo da reunión, Pacheco e Guerra visitaron acompañados polos portavoces de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo, e EU, André Abeledo, o polígono industrial de Río do Pozo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal