Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A IX XORNADA MOTEIRA SOLIDARIA, O II ROCK NARÓN FESTIVAL, MÚSICA GÓSPEL E TRADICIONAL GALEGA E OBRADOIROS CENTRAN A PROGRAMACIÓN DE NADAL DESTA SEMANA NA CIDADE
As propostas da programación navideña, dirixidas a diferentes tipos de público, sucederanse en varias ubicacións da localidade
Narón, 18 de decembro de 2017. As actividades do programa Nadal en Narón continuarán desenvolvéndose esta semana en diferentes ubicacións da cidade. Música, espectáculos infantís, obradoiros, unha xornada moteira e un festival rock forman parte das propostas que se celebrarán entre o día 19 e o vindeiro domingo, día 24. A Biblioteca municipal acollerá mañá, entre as 18.30 e as 20.30 o obradoiro “Axudantes do Apalpador”, dirixido a persoas adultas e no que aprenderán a envolver agasallos de Nadal. Os interesados en participar poden aínda anotarse chamando ao teléfono da Biblioteca (981 382 173) ou no propio mostrador das instalacións, xa que aínda quedan vacantes. O sábado, día 23, haberá un novo obradoiro, “O tren da amizade”, a partir das 11.00 horas e con entrada de balde, previa inscrición na Biblioteca. Neste último os contos e a música infantil de Nadal serán os protagonistas, a cargo de 2Plicas. A partir das 16.30 e ata as 19.30 horas iniciaranse o venres día 22 as sesións de “Nadal máxico. O Nadal na rúa!, na Praza de Galicia. Haberá un espectáculo de maxia, con dous pases -–ás 17.30 e ás 19.00- e obradoiros, sesións de teatro e xogos, entre outras propostas. Esta mesma actividade continuará desenvolvéndose, no mesmo lugar e hora, ao longo deste Nadal, estando programadas esta semana novas sesións os días 23 e 24 de decembro. O Pazo da Cultura acollerá tamén esta semana dous espectáculos. O venres, día 22, Joyful Ghospel Choir protagonizará “Érase una vez Nueva Orleáns”, unha actuación de música góspel que dará comezo ás 20.30 horas. As entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura -–www.padroadodecultura.es-, a un prezo de 12 euros para o público xeral e de 8,40 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos), desempregados e menores de 14 anos. A segunda das propostas para esta semana no Pazo correrá a cargo de Xabier Díaz& Adufeiras de Salitre, que traerán o espectáculo “The Tambourine Man”, de música tradicional galega. Neste caso as entradas custan 9,50 euros ao público xeral e 6,65 ao resto. O programa “Prazas Vivas”, con obradoiros de grafitti, baile, patinaxe, chapas e moitas outras propostas, continuará o sábado 23 no Parque Fluvial de Freixeiro, entre as 16.30 e as 18.30 horas. A entrada é de balde. O día 23 terán lugar outros dous eventos do programa de Nadal de Narón: a “IX Xornada Moteira Solidaria” e o “II Rock Narón Festival”. No primeiro dos casos a cita dará comezo ás 16.30 horas e prolongarase aproximadamente ata as 20.00. Uns douscentos moteiros participarán nesta convocatoria, moitos deles do Moto Club Fojeteiros, de Narón, que ás 16.30 horas sairán da Praza de Galicia con Papá Noel ata Santa Icía, A Gándara e Xuvia, para regresar á Praza de Galicia sobre as 17.30 horas. Nesta última ubicación recolleranse alimentos non perecedoiros, xoguetes e roupa para o Centro de Recursos Solidarios de Narón e haberá varias actividades lúdicas e inchables para os menores, así como unha chocolatada de balde para as persoas que colaboren coas doazóns e tamén os moteiros que acudan vestidos de Papá Noel. A solidariedade deste evento inclúe ademáis unha recollida de tapóns para a causa Alba, “La Promesa”. Na noite do día 23 celebrarase o “II Rock Narón Festival” na Praza de Galicia, a partir das 21.00 horas e con varias actuacións, entre elas a da banda de rock madrileña Burning. A entrada é de balde e actuarán tamén os grupos Oveja Negra -–versións de Barricada-, Sin Tron ni Son -–variadas de rock-, On Fire -–Jimmy Hendrix-, Black Yack -variadas de rock- e Riff Raff –-AC-DC-.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal