Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A EMPRESA COSMA CORTARÁ MAÑÁ O SUBMINISTRO DE AUGA EN SAN XIAO E CASTRO
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, indicou que o corte se efectuará entre as 16.00 e as 20.00 horas
Narón, 26 de decembro de 2017. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, anunciou un corte no subminisrto de auga que realizará mañá pola tarde a empresa Cosma e que afectará ás parroquias de San Xiao e Castro. O corte comezará ás 16.00 horas e rematará sobre as 20.00 horas, tal e como se prevé desde a compañía. O edil naronés indicou que esta medida se deriva da necesidade de realizar labores de mantemento na rede e pediu desculpas á veciñanza das dúas parroquias afectadas polas molestias que poida ocasionar este corte no subministro. Santalla explicou que os traballos a realizar responden á necesidade de acometer unha reforma no bombeo da zona do Feal.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal