Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
OBRADOIROS, XOGOS, MÚSICA, TEATRO E DEPORTE CENTRAN AS ACTIVIDADES DO PROGRAMA "NADAL EN NARÓN"
OBRADOIROS, XOGOS, MÚSICA, TEATRO E DEPORTE CENTRAN AS ACTIVIDADES DO PROGRAMA
As diferentes propostas da programación deseñada polo Concello sucederanse ao longo da semana en varias ubicacións da cidade
Narón, 27 de decembro de 2017. As actividades do programa Nadal en Narón continúan desenvolvéndose esta semana en varios espazos da cidade. Na xornada do mércores impartiuse un obradoiro artístico para nenas e nenos de 3 a 12 anos na Ludoteca municipal da Solaina -10.00 a 13.00 horas- e tamén se iniciou na Aula Cemit de Xuvia o programa Informática Divertida (INDI), no que participan rapazas e rapaces de 8 a 12 anos -10.00 a 13.30-. As propostas tamén inclúen a continuidade do programa DeporNadal, con Balonmán e Natación no pavillón polideportivo da Gándara –entre as 10.00 e as 13.00-. Iniciou esta mañá as súas viaxes pola estrada de Castela o Navitren –suspendidas onte pola alerta laranxa- que sae das inmediacións da parada de bus localizada xunto ao Concello ata Xuvia e volta de novo a ese punto tras realizar unha viaxe ata a Ponte das Cabras –operativo de 11.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00-. Os tíckets para viaxar poden adquirirse no propio tren (ao inicio da ruta), a un prezo dun euro, pero entréganse de balde nos establecementos adheridos á campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”.
Así mesmo, este mércores continuarán as sesións do programa Prazas Vivas, nesta ocasión nas instalacións do Centro Cívico Social de San Xiao, donde habera obradoiros de grafitti, baile, chapas, globoflexia e moitas outras propostas, todas elas de balde –de 16.30 a 18.30-. Na Praza de Galicia –de 16.30 a 19.30- continuará o Nadal Máxico. O Nadal na rúa!, con xogos e obradoiros creativos, e sesións de animación.
Na xornada de mañá xoves a oferta de actividades inclúe Contacontos na Ludoteca municipal da Solaina –de 10.00 a 13.00- e tamén a continuidade dos programas INDI e DeporNadal, neste último caso con sesións de Xadrez no local social do Alto. Os Obradoiros de Nadal continuarán –a partir das 11.00- na Biblioteca Municipal, coa proposta “Música no corpo”, para nenas e nenos de 3 a 6 anos e para a que está aberto o prazo de inscrición (no propio centro ou chamando ao 981 382 173). Terán continuidade tamén as actividades do programa Nadal Máxico. O Nadal na rúa! e as viaxes do Navitren pola estrada de Castela.
O venres día 29 a Ludoteca municipal acollerá unha Festa de Fin de Ano –de 10.00 a 13.00- e o pavillón da Mocidade, na Gándara, unha nova actividade de DeporNadal, Tiro con Arco –de 10.00 a 13.00-. Na Aula Cemit seguirán as sesións do programa municipal INDI; os Obradoiros infantís de Nadal na Biblioteca municipal, nesta ocasión “Somos artistas”, para nenas e nenos a partir de 4 anos e co período de inscrición aberto a partir do xoves ás 16.00 horas –o taller comezará ás 11.00- e as viaxes do Navitren, así como o programa Nadal Máxico. O Nadal na rúa!. Xa pola noite, ás 20.30 horas, terá lugar no Pazo da Cultura o tradicional Concerto de Fin de Ano que protagonizan a Banda Infantil e a Xove Banda de Narón, da Agrupación Cultural Musical Sementeira. As entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo e teñen un prezo de dous euros.
Entre as propostas para o sábado están o programa Prazas Vivas, nesta ocasión nas instalacións da Sociedade Cultural e Recreativa “A Pombiña” de Pedroso –de 16.30 a 18.30-; o Nadal Máxico. O Nadal na rúa! na Praza de Galicia -16.30 a 19.30- e o espectáculo teatral “A canción do elefante” no Pazo da Cultura, a partir das 20.00 horas. As entradas para este último teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para o resto.
E para pechar a programación desta semana, o domingo pola tarde continuarán as actividades do Nadal Máxico. O Nadal na rúa! na Praza de Galicia -16.30 a 19.30- e pola noite, tralas badaladas, sobre a 01.00 da madrugada, dará comezo unha sesión de fogos de artificio e, a continuación, baixo unha carpa na Praza de Galicia a tradicional Festa de Fin de Ano, coa actuación de dous DJ´s –haberá dous escenarios- e da orquesta New York. A entrada é de balde.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal