Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PROGRAMA NADAL EN NARÓN CONTINÚA ESTA SEMANA E INICIA HOXE A PROPOSTA VILAS DE NADAL, CUNHA PISTA DE PATINAXE NA GÁNDARA
O PROGRAMA NADAL EN NARÓN CONTINÚA ESTA SEMANA E INICIA HOXE A PROPOSTA VILAS DE NADAL, CUNHA PISTA DE PATINAXE NA GÁNDARA
As actividades programadas para esta semana inclúen ademáis actividades infantís na Praza de Galicia, deportivas, sesións de robótica educativa, propostas para menores na Ludoteca municipal e unha Cabalgata Solidaria
Narón, 2 de xaneiro de 2018. A pista de patinaxe que se instalou na Praza da Gándara permanecerá aberta desde esta tarde ata o vindeiro 7 de xaneiro. Entre as 16.30 e as 19.30 horas as persoas que o desexen terán a oportunidade de participar na iniciativa Vilas de Nadal, na que se enmarca esta proposta. Os patíns alúganse por dous euros –por persoa- para un tempo duns vinte e cinco minutos na pista. Así mesmo, na citada ubicación, a partir das 18.00 horas haberá actuacións e tamén obradoiros e un photocall máxico durante toda esta semana. Na xornada do sábado día 6 tamén se poderán sacar autofotos con Artabán, o rei da solidariedade, e serviranse de balde castañas asadas.
O programa Nadal Máxico. O Nadal na rúa! continúa tamén hoxe, e ata o venres día 5, na Praza de Galicia, entre as 16.30 e as 19.30 horas. Xogos infantís, contacontos, obradoiros, un photocall máxico e animación en movemento forman parte desta proposta navideña na cidade.
Na Ludoteca municipal da Solaina seguen desenvolvéndose as actividades de Nadal. Se hoxe foi o turno dos Xogos deportivos, entre as 10.00 e as 13.00 horas, mañá as nenas e nenos de 3 a 12 anos poderán participar no Día Solidario, intercambiando xogos, xoguetes ou libros entre eles, ou na Mostra de talentos, amosando nese mesmo horario as súas habilidades na música, o canto ou o baile, entre outras posibilidades. O xoves e o venres será o turno do Obradoiro de construción de xoguetes, no mesmo horario e na Ludoteca municipal.
As propostas de hoxe incluíron ademáis actividades de Tenis de Mesa e Tiro con Arco no pavillón Campo da Serra, de 10.00 a 13.00 horas. A actividade forma parte do programa DeporNadal, que continuará mañá con Baloncesto e Judo –de 10.00 a 11.30 e de 11.30 a 13.00 respectivamente- no polideportivo da Gándara; o xoves día 4 con tres horas de Golf no Club de Golf Campomar, no Val, e rematará o venres día 5 con Baile deportivo e Remo, tamén no pavillón polideportivo da Gándara.
Na Aula Cemit de Xuvia continúan as sesións do programa municipal Informática Divertida, INDI, dirixidas a nenas e nenos de Narón de entre 8 e 12 anos. Nesta actividade, que tamén se programou na zona rural, os menores aprenden cuestións relacionadas co mundo da robótica educativa.
O venres día 5 celebrarase, como cada ano, a Cabalgata Solidaria. A comitiva de carrozas realizadas polas veciñas e veciños de Narón partirá sobre as 16.00 horas de Xuvia –dunha parcela localizada fronte a Megasa, na estrada de Castela- para dirixirse pola estrada de Castela ata a Praza de Galicia. Sobre as 17.30 horas Melchor, Gaspar e Baltasar, xunto co rei da Solidariedade, Artabán, recibirán aos nenos e nenas, que terán a oportunidade de reunirse con eles e de desfrutar de actividades infantís. En caso de persistir o mal tempo haberá algúns cambios no desenvolvemento da Cabalgata, que se anunciarán coa debida antelación.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal