Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
Á VENDA AS ENTRADAS PARA OS ESPECTÁCULOS PROGRAMADOS NO PAZO DA CULTURA
Teatro e música centran a programación deseñada polo Padroado da Cultura entre os meses de xaneiro e abril e para os que xa están disponibles as entradas na billeteira do Pazo e na web do Padroado
Narón, 4 de xaneiro de 2018. As persoas interesadas en asistir aos espectáculos programados desde o Padroado da Cultura para os primeiros meses do ano xa poden adquirir as entradas na billeteira do Pazo ou na web: www.padroadodecultura.es. Se ben ata o momento tan só estaban á venda as dos musicais Dr. Queen e Peter Pan e para o concerto de Andrés Suárez, agora poderán comprar as do resto de espectáculos musicais e teatrais que, dirixidos a diferentes tipos de público, se celebrarán no Pazo ata comezos do vindeiro mes de abril, tal e como anunciou a presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro. A programación ao completo para os primeiros meses do ano pode consultarse a través do enlace: https://www.padroadodecultura.es/gl/espectaculos. Desde o Padroado organizouse para os primeiros meses de ano unha programación moi variada, polo que entre este mes e principios de abril desenvolveranse no Pazo da Cultura unha vintena de espectáculos teatrais e musicais dirixidos ao público familiar e infantil. Neste mes de xaneiro o programa comezará coa representación da obra Bernarda Alba –o día 13 ás 20.00 horas-, e continuará coa das obras A Galiña Azul –o 14 ás 18.00 horas; O Rei morre, -o día 20 ás 20.00-; e cun concerto da cantautora galega Sés –na xornada do 27 ás 20.00 horas-, para rematar este mes coa obra para público familiar e infantil O encoro enmeigado, -o día 28 ás 18.00-. A partir de febreiro continuarán os espectáculos teatrais e musicais, coa posta en escena de La comedia de las mentiras –día 3 ás 20.00 horas-; o musical Dr.Queen, en homenaxe a Freddie Mercury, -o 17 ás 22.00 horas-; a obra para público familiar e infantil Pum, Pum! -o día 18 ás 18.00- e a ópera Aída -o día 24 ás 20.00 horas-. Así mesmo, no mes de marzo retomarase a programación o día 3 co concerto de Andrés Suárez, -20.00 horas-; o musical Peter Pan -día 4 ás 18.00- e coa comedia O secuestro da bibliotecaria -o día 11 ás 18.00-. Tamén no mes de marzo terá lugar unha nova edición do Festival Singular, que este ano inclúe cinco espectáculos: Emilia, o día 8 ás 20.30 horas; A noiva de Don Quixote, o día 9 ás 18.30; A filla de Woody Allen, o día 9 ás 20.30; Frida, o día 10 ás 20.00, e A carreta pantasma , o día 17 ás 20.00. A finais de marzo terá lugar o concerto de De Vacas –o día 24 ás 20.00-, e programouse outro concerto para comezos de abril, nesa ocasión a cargo do cantautor Ismael Serrano -o día 7 ás 20.00 horas-.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal