Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
SUSPENDIDAS AS ACTIVIDADES MUNICIPAIS AO AIRE LIBRE DEBIDO Á ALERTA LARANXA
O Concello pechou as instalacións municipais ao aire libre debido ao risco por vento decretado desde a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior
O Servizo de Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento do Concello de Narón (Speis) anunciou a suspensión das actividades municipais ao aire libre e o peche das instalacións municipais ao aire libre tras recibir o aviso de alerta laranxa desde a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior. Así mesmo, no que respecta ás instalacións temporais, o titular da preceptiva autorización municipal deberá adoitar as medidas de seguridade que sexan necesarias para evitar accidentes. Desde o Concello solicítase que se extremen as medidas de precaución para evitar posibles danos ante esta alerta laranxa por fortes ventos e intensas precipitacións.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal