Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
MÁIS DE MEDIO MILLEIRO DE ALUMNAS E ALUMNOS DE CENTROS EDUCATIVOS DE NARÓN PARTICIPARON NUN PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO ACOSO E O CIBERACOSO
MÁIS DE MEDIO MILLEIRO DE ALUMNAS E ALUMNOS DE CENTROS EDUCATIVOS DE NARÓN PARTICIPARON NUN PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO ACOSO E O CIBERACOSO
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, destacou que os resultados do programa "Re-conecta" impulsado polo Concello foron moi satisfactorios e avanzou que se continuará desenvolvendo nas aulas tralas vacacións do Entroido
Narón, 27 de xaneiro de 2018. Un total de 554 alumnas e alumnos de sexto curso de EPO, primeiro da ESO e quinto de Primaria –neste último caso só do Ponte de Xuvia- de dez centros educativos da cidade participaron entre os meses de outubro e decembro do curso 2017/2018 no programa “Re-conecta”. Trátase dunha iniciativa impulsada polo Concelllo coa que se aposta pola promoción da convivencia e o desenvolvemento persoal nas aulas, como métodos para previr o acoso e o ciberacoso. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, destacou os resultados do primeiro trimestre desta iniciativa, subliñando que “as rapazas e rapaces manifestaron, a través do pertinente cuestionario final, que as sesións levadas a cabo lles resultaron de moita utilidade, co que nos seguintes meses continuaremos impartindo este obradoiro”.
O colexios de Piñeiros, Ponte de Xuvia, Virxe do Mar, A Solaina, A Gándara, Jorge Juan, Santiago Apóstol, O Feal, Ayala e o IES As Telleiras sumáronse a esta iniciativa no primeiro trimestre do actual curso escolar. Persoal técnico do Concello planificou cos directivos dos colexios a posta en marcha desta proposta e estableceuse un cronograma de traballo. En total, apuntou Taibo, impartíronse nestes tres meses 120 sesións nos dez centros, de aproximadamente unha hora de duración e unha vez á semana con cada grupo contando coa participación do profesorado tutor dos respectivos grupos nas sesións. Nas mesmas, profesionais nas materias de Educación Social, Psicopedagoxía, Psicoloxía e Psicoterapia Sistémica encargáronse de traballar cos diferentes grupos cunha metodoloxía baseada en temas como a expresión de emocións e opinións, o respecto, a comunicación interpersoal e a interacción entre o alumnado, entre outros, valéndose de técnicas como o xogo e as dinámicas grupais, os debates, a relaxación, vídeos, etc. “Tanto o alumnado como os profesores titores valoraron moi positivamente o programa, polo que despois das vacacións do Entroido retomaremos o programa en tódalas aulas”, avanzou Taibo.
Temáticas como as habilidades para afrontar conflitos, o establecemento e respecto dos límites, a importancia do bo trato, o significado e as características do acoso escolar, a figura dos espectadores, cómo actuar ante posibles agresións e a prevención e recursos contra o ciberacoso estiveron moi presentes nas aulas a través do programa “Re-conecta”.
Ao remate do proceso informativo cos rapaces e rapazas estes realizaron un cuestionario no que, entre outras, se lles preguntaba se sabían que é o acoso escolar ou “bullyng”, o ciberacoso, se o padeceron ou coñecen a alguén que vivise ese tipo de situación… O alumnado, nas súas respostas, recoñeceu que tras asistir a esta actividade impulsada polo Concello aprendeu a detectar este tipo de situacións e tamén o xeito de afrontalas, así como a respectar máis aos demais e ofrecer a súa axuda no caso de ser preciso.
“O traballo realizado no primeiro trimestre do curso obtivo moi boa aceptación e, como consecuencia, resultados, entre o alumnado destinatario do mesmo, co que consideramos que é de vital importancia seguir traballando insistentemente nesta liña para rematar con condutas que non se poden permitir nin dentro ni fóra das aulas, como o acoso escolar e o ciberacoso e, por suposto, identificalas á maior brevidade posible para poder erradicalas”, subliñou Mercedes Taibo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2019 >>>

LMMXVSD
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
18
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal