Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO DESTINOU UNHA PARTIDA DE 8.500 EUROS A SANEAR UN TRAMO DO RÍO FREIXEIRO
O CONCELLO DESTINOU UNHA PARTIDA DE 8.500 EUROS A SANEAR UN TRAMO DO RÍO FREIXEIRO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, lamentou que a Xunta de Galicia, a maiores de non asumir os gastos da intervención medioambiental, tardase catro meses en entregar o permiso para poder realizar os traballos de limpeza do cauce
Narón, 27 de xaneiro de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, desprazáronse ata o Parque do Río Freixeiro para comprobar o estado dun tramo do cauce fluvial do río Freixeiro tras acometerse alí uns traballos de limpeza. A rexedora local recordou que o Concello destinou unha partida de 8.500 euros para facer fronte aos gastos derivados das tarefas realizadas e lamentou o feito de que “unha vez máis, teñamos que ser as veciñas e os veciños de Narón os que asumamos o custe dunha actuación medioambiental que tiña que sufragar a administración autonómica pero que lamentablemente un ano máis temos que pagar con cargo ás arcas municipais”.
A maiores do feito de ter que asumir ese desembolso económico, Ferreiro criticou o retraso na concesión do permiso, solicitado o 18 de xullo do ano pasado e que trala apertura do pertinente expediente –por tratarse de obras en zona de Policía de Leitos- concedeu Augas de Galicia a finais de novembro, catro meses despois. “Se xa de por si é un despropósito que a Xunta se desentenda das súas obrigas á hora de acometer este tipo de actuacións, aínda a maiores de ter que pagalos desde os concellos como neste caso, para tratar de adecentar o cauce e mantelo limpo, no Concello temos que esperar varios meses para que nos concedan o permiso para poder iniciar esas tarefas”.
Por este motivo, os traballos que inicialmente se ían realizar no verán, á vista de que a administración autonómica non os executaba, non se puideron levar a cabo ata finais de ano, tal e como recordou o edil de Servizos, que destacou que “se trataba dunha actuación moi necesaria e complementaria ao remate dos traballos do saneamento”. Santalla explicou que a intervención consistiu na retirada de silvas, plantas invasoras e malas herbas, así como na de todos os elementos que obstruían o paso da corrente de auga. Ao desbroce da vexetación sumouse tamén a tala dalgunha árbore que presentaba perigo de caída e a colocación de pedras que caeran sobre o cauce fluvial. “É moi importante que a auga discurra polo cauce sen atopar obstáculos, para evitar posibles anegamentos derivados das intensas choivas que se poden rexistrar na tempada invernal, por iso a importancia de realizar estes traballos antes de que remate o verán”, asegurou o edil de Servizos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal